viernes, 20 de mayo de 2011

CHARLAS no CEIP Agro do Muíño de Bertamiráns (días 18 e 19 de maio) - DO REFUXIO DE BANDO

dous días de charlas no CEIP Agro do Muíño de Bertamiráns, mércores 18 e xoves 19 de maio.

no primeiro día ós rapaces/as de 3 a 5 anos, as mensaxes: que é unha mascota, como se cuidan, non son xoguetes, non se pega, que pasa nun abandono, adopción responsable, e cousiñas que podían entender, pero como tiñan sono, a información chegou algo lenta, PERO chegou, e como algunhas palabras non as coñecen, tamén inflúiu. pero estiveron ollando curiosos.

no segundo, demos 2 charlas, unha para os rapaces e rapazas de 9 a 11 e outra para os de 6 a 8. estiveron moi atentos, calados, curiosos. viron un vídeo de imaxes que fixo olalla, e o powerpoit que fixen eu. palabras coma mascota, abandono, atropelo, tristura, chip obrigatorio, vacina, esterilización, cariño, paseos, cepillados, voluntarios/as, actividades, adopción, acollida... todo nun contexto entre serio e á vez ameno, incluíndo algunhas bromas.

nas 3 charlas saíron para fóra para poder estar con nando, e poder facer as preguntas que quixeran.

destacar que no segundo día, coas ganas que tiñan da charla, comeron nun tempo record, nin repetiron, e estiveron moi moi atentos ó vídeo e á charla. foi por unha boa causa!!!

aproveito para engadir enlace a un vídeo do refuxio con música de DOVER
http://www.youtube.com/watch?v=oPk8WRhkODI



NANDO leva no refuxio dende o 2007, naceu no 2006.
é moi cariñoso cos rapaces e rapazas, e estivo atento, gardou o tipo,
e vese moi feliz entre tantos nenos e nenas.



nun momento da charla, explicando a diferencia dun animal nun refuxio,
e dun animal xa nunha casa.
nós como voluntarios/as podemos facerlles a vida algo máis fácil,
pero necesitan unha casa. non te esquezas deles!!!

falamos da adopción responsable,
que se queren unha mascota
teñen que adicar parte do seu tempo a pasealos, xogar con eles, etc,
e que seus pais ó final son os que teñen que facer todo,
co cal, deben ser responsables nas súas decisións,
e que ter unha mascota leva consigo unha serie de obrigacións

NON É UN XOGUETE, NON É UN CAPRICHO.

etc etc etc




facendo turnos para pasear a NANDO



os nenos/as non querían perderse a foto co protagonista, NANDO,
sen darse conta que os grandes protagonistas tamén son eles e elas.
son o futuro.



NANDO non estivo nin un momento sen mimos.



e tamén levou mimos dos monitores e das monitoras,
que ademais de organizar as charlas, disfrutaron delas,
e de ver como disfrutaban os máis pequenos/as.



GRACIAS!!!!!!
sen charlas poida que a concienciación sexa máis lenta,
pero se nen@s non hai charlas.



REFUXIO DE BANDO
Zarramacedo, s/n - Bando (moi preto do Monte do Gozo)
Santiago de Compostela
Horario visitas: Luns, mércores e venres de 9.30 a 14
Sabados e Domingos de 10.30 a 13.30
Martes, Xoves e festivos pechado
refuxio@refuxio.org
www.refuxio.org
981575957 e 646492835

No hay comentarios: