moi moi atentos, curiosos, e cunhas ganas de acariñar a Nando.
como tivemos máis tempo en cada unha das 2 charlas, puiden explicar un pouco máis cada unha das diapositivas. faleilles de novo da adopción responsable, da necesidade da esterilización, de que non son xoguetes, etc.
en cada charla, coma son de idades diferentes se enfoca de distinta maneira, para os máis pequenos/as as mensaxes danse cunha linguaxe: "non se pega, non son xoguetes"... que chegue a eles, e se son maiores, xa podemos usar outro tipo de palabras coma maltrato, responsabilidade, etc
en todas, os rapaces e rapazas pasan un bo rato, pois sempre intercalo explicacións, coas historias dos animais, voluntariado, que facemos, conceptos, e coma sempre algunha broma. aínda que por suposto teño que dicir que eu tamén estou pasando uns días moi agradables, pois vexo que aínda que moitas palabras non as entenden, chégalles a dentro do corazón, "tocalles" a fibra sensible. e a min tamén.
nas charlas están ou os profesores e profesoras se é pola mañá, ou os monitores e monitoras, se é no tempo de tardes divertidas. e dicir que non están menos atentos/as.
graciñas!!!!!!
refuxio de Bando
981575957
646492835
lévao para casa:
cans e cadelas:
gatos e gatas:
consellos:
que facer se se perde a mascota,
vantaxes e falsas crenzas sobre a esterilización,
viaxar con mascota...
3 comentarios:
menudo publico, que guai! que buen trabajo haces vir!
estades a facer un traballo estupendo!! sodes as mellores!!
graciñas, pero non son a única, estela tamén foi a varias, mónica, e olalla, e ti ana, tamén fixeches algunha, e nando aí dando o tipo, e os rapaces e rapazas, sen eles non hai charlas, e as persoas que organizaron todo.
graciñas por estar aí!!!!
Publicar un comentario