martes, 24 de mayo de 2011

AVISO: MÁIS CHARLAS... esta semana toca CEIP de Ventín, CEIP da Mahía de Bertamiráns, e EEI milladoiro

ola!!! mañá, pasado e pasado pasado temos de novo charlas. idades dende os 3 ata os 11/12. ata agora encantadísimos, conciencia e un bo rato, quen dixo que non se pode aprender ó mesmo tempo que pasamos un rato ameno.

xa irei poñendo fotos, e contándovos as anécdotas que van surdindo.

na garde da MADALENA de milladoiro, estiveron atentos/as e queren seguir tendo contacto co refuxio

no CRA de Vedra antes de ir xa tiñan visto a pax do refuxio e ollo ó can, e compartiron mañá cunha charla do refuxio e outra de kalandraka

na garde das FIGUEIRAS Milladoiro, cando saía a música do vídeo bailaron e moveron as mans todos xuntos/as

cando teña fotos xa as subo.

eles non esquecen estas charlas, eu non esquezo eses bos momentos, eles o pasan ben, se lles nota, pero eu non me sinto menos ben

e no CEIP de Agro do Muíño e Bertamiráns comeron moi rápido para ter a charla, e fixeron moitas preguntas, incluso algunha monitora xa se fixo voluntaria. gracias!!

gracias!!!!!

biquiños. vir.

No hay comentarios: