viernes, 3 de febrero de 2012
UN GRUPO DE VOLUNTARIOS RESCATA UN CAN CONDENADO A UNHA LONGA AGONÍA, SEN QUE NINGUNHA AUTORIDADE LLES PRESTASE AXUDA
UN GRUPO DE VOLUNTARIOS RESCATA UN CAN CONDENADO A UNHA LONGA AGONÍA, SEN QUE NINGUNHA AUTORIDADE LLES PRESTASE AXUDA
Catro voluntarios da Fundación Refuxio de Animais, rescataron o sábado 15 de outubro un can que despois de ser maltratado tiraron a un encoro e quedou enredado nun tronco, condenado a morrer despois dunha longa agonía. Afortunadamente, agora o can estase recuperando no Refuxiode Bando, e a pesar de estar cego pode valerse perfectamente por si mesmo.
OBRAS SON AMORES E NON BOAS RAZÓNS
A vida está chea de obstáculos, de problemas, de muros que parecen inexpugnables, só hai queixas de que todo vai mal, de que ninguén fai nada, mais o que moi poucos fan é deixar de falar, de queixarse e poñerse a traballar, porque sempre hai algún xeito de intentar solucionar unha terrible situación.Un claro exemplo disto é o que fixeron un grupo de "superheroes", de carne e óso, sen capa nin "superpoderes", só cun gran corazón e o valor para non desfalecer ante o que calquera podería renderse.
A mañá do sábado 15 de outubro un mozo que estaba dando un paseo en bicicleta por unha aldea do concello de Brión –quizais fose o destino ou a chamada desesperada de quen agoniza– atopou un can en moi malas condicións, atado cunha cadea xunto ao encoro Barrié de la Maza. Avisou á Garda Civil pero a única resposta que obtivo foi que ese non era o seu traballo, pero tampouco lle facilitaron ningunha outra alternativa ou teléfono ao que chamar. Ante tal impotencia, o rapaz decidiu chamar a unsvoluntarios da Fundación Refuxio de Animais. Esa mesma tarde os voluntarios achegáronse ata o lugarpensando que quizais o animal xa non estaría alí, que a Garda Civil avisaría a alguén para que o fosen recoller. Pero non foi así. O can estaba xusto ao lado das comportas do encoro, rodeado de lixo e coa cadea que levaba ao pescozo enredada nuns paus, de xeito que apenas podía poñerse en pé. Estaba inmóbil e a pesar de que intentaron chamar a súa atención de diferentes xeitos non reaccionaba, o único que lles fixo pensar que estaba vivo foi a postura na que se atopaba. Entón xurdiu outro problema: como sacalo de alí? Aínda que o animal estaba ben á vista, non resultaba nada doado chegar ata xunta el.Despois de analizar con calma a situación, e aínda que era algo perigoso, o voluntario Alberto decidiu baixar polo acantilado e conseguiu achegarse ao animal, que seguía inmóbil, e comprobou como ademais de estar atrapado tiña os ollos destrozados posiblemente a consecuencia dalgún golpe intencionado. Unha vez liberado, o can púxose en pé e dirixiuse a tropezóns ata a auga, e logo intentaba seguir a cegas ao seu rescatador. Agarrándoo pola cadea conseguiu subilo pouco a pouco ata a estrada e unha vez alí puideron darlle algo de comer e de beber. Estaba morto de sede e fame, xa que aínda que estaba a escasos metros da auga non podía acceder a ela e o único que tiña ao seu alcance para comer era terra, pedras e paus. De feito, cando o subiron para o Refuxio defecou e o que expulsou era terra e restos de madeira. Está claro que levaba varios días sobrevivindo dese xeito e que o pobre xa perdera a esperanza de saír de alí con vida.
Vendo o estado do can e o lugar no que se achaba, a única explicación que lle encontraron oshorrorizados e valentes mozos rescatadores do can é que o golpeasen e logo o arroxasen ao encoro coa intención de que afogase, pero que este conseguiu saír e tivo a mala sorte de que esa cadea de dous metros se quedara enganchada. É imposible saber como chegou ata aquel lugar, pero está claro que non o fixo polo seu propio pé, e que levaba alí varios días, sen comida, sen acceso á auga, e sen poder protexerse do sol nin do frío. Que alguén o deixase nese lugar adrede tampouco parece probable porquenon ten sentido que ninguén arrisque a súa vida para abandonar o can nun lugar á vista da xente.
Actualmente Kriter –que así se chama agora o can– atópase no Refuxio de Bando agardando unbo fogar e con el a oportunidade de ser feliz. Eran tales as feridas que presentaba nos ollos que resultou necesario intervilo cirurxicamente en dúas ocasións para enuclearllos. Ninguén pode imaxinar a dor,medo e sufrimento deste pobre animal, pero a pesar de todo isto –que seguramente tivo a súa orixe nunhacruel persoa– en ningún momento rosmou ou intentou morder a ninguén, nin cando o rescataron nincando o estiveron tratando logo no Refuxio.
Kriter está cego, pero posúe un excelente olfacto e oído, e, o máis importante, unhas enormes ganas de vivir. Todo isto, sumado a un dono responsable, permitiralle facer unha vida practicamente normal,simplemente requirirá unha pequena maior atención. Pode vivir nun piso e saír a pasear con correa,evitando soltalo en lugares abertos pois podería desorientarse ou mesmo ferirse.
Os "superheroes" rescatadores, Alberto, Olalla, Nuria e Antonio, non remataron a súa labor aí,senón que lle están buscando un novo fogar ou unha casa de acollida temporal, pois alguén que despoisde sufrir tanto e ter tantas ganas de vivir, merece un final feliz. Saben que non lle resultará nada doadoencontrar alguén que queira adoptalo porque Kriter non é un can de raza, nin é un cachorro, e aínda porriba está cego. Pero se todos merecen un fogar, Kriter meréceo máis que ningún pois loitou pola súa vida ata o último minuto.
Se alguén está interesado en darlle a Kriter ese fogar que tanto necesita, pode poñerse en contacto co Refuxio de Bando ou pasar polas súas instalacións:
REFUGIO DE ANIMALES DE BANDO ZARRAMACEDO-BANDO s/n 15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfonos: 981 57 59 57 / 646 492 835
refuxio@refuxio.org
http://www.blogger.com/www.refuxio.org
HORARIO:
LUNS/MÉRCORES/VENRES: 9:30-14:00
SÁBADOS E DOMINGOS: 10:30-13:30h
MARTES/XOVES E FESTIVOS: PECHADO
Con toda esta triste historia queremos ademais evitar que isto volva pasar, pois a pesar de que moitos consideren que só é un animal, sente e sofre exactamente igual que nós. Que non fai falla helicópteros, nin "macrorrescates", nin unha gran inversión, unhas simples persoas, ante a falta de axuda por parte das autoridades, arriscando a súa vida, conseguiron salvar o animal.
Quizais non sexa a obriga da Garda Civil recoller o animal, mais debería existir coordinación entre as distintas entidades.Se alguén ten a desgraza de atoparse cun caso parecido, ten que chamar :
URXENCIAS: 112
SEPRONA:
- A CORUÑA: 981167830
- SANTIAGO COMPOSTELA: 981581611
- LUGO : 982 284 854
- OURENSE: 988235353
- PONTEVEDRA: 986 590 911
GARDA CIVIL-ATENCIÓN AO CIDADÁN: 900101062 -900101062
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Muy buena entrada :) ÁNIMO KRITER!!!!!!!!!!!!!!
Que mecaghondiós pasa en Brión? Parece que non é concello para cans... :S
Que é del agora?
Acabo de ver no sitio web do Refuxio que Kriter foi adoptado.
Parabéns Kriter! Mereces unha vida moi boa pola enorme vontade que tiveches en aferrarte a ela.
Que mecaghondiós pasa en Brión?
Galiza "profunda", moi profunda: aculturación, caciquismo ... e sobre (ou baixo) isto a especulación inmobiliaria.
si, ten familia, unha gran familia, para un gran can!!!!
Publicar un comentario