miércoles, 22 de febrero de 2012

A historia de Correo

Ao refuxio de Bando, chegan moitos animais. Algúns, atopados no medio das estradas, outros, desorientados polas rúas. Algúns chegan en bo estado, con fermosos colares, pero sen placas de identificación, números de teléfono, ou CHIP, a pesares de que é obrigatorio e moi útil, especialmente en casos de pérdida. Os mais afortunados, en bo estado e con chip identificativo, regresan ás súas casas aos poucos días. Os menos afortunados, en estado deplorable, e sen chip, moitas veces quedan condeados a unha vida de frío e humidade, no centro no que foi recollido. Os voluntarios procuramos facerlles a estancia no refuxio un pouco mellor, pero non podemos enganarnos: non é unha vida ideal para ninguén. Os refuxios de animais deberían de ser centros temporais de acollida para os animais atopados na rúa, onde darlle alimento e un teito baixo o que poder durmir ata a chegada dos seus donos, alexándoos dos perigos da cidade e dos coches. O problema é que nunha sociedade imperfecta coma a nosa, onde se abandona os animais de forma premeditada, moitos dos animais que chegan... nunca chegan a saber o que é o calor dunha familia. Algúns, poida que o chegaran a saber... cando eran cativos, e graciosos.. mais tamén ao medrar comprenderon o que significaba a TRAICIÓN. O peor lado do ser humano.

Moitas veces, cando chegan animais ao refuxio, sentimos lástima, mais tamén en certo modo alivio. Agora teñen unha segunda oportunidade. E todos e cada un deles, o merece.


Nome: CORREO
Sexo: macho
Raza: mestizo
Peso: 23 kg
Ano de nacemento: 2009
Pelo: curto

Correo é a consecuencia da tenencia irresponsable de animais. O día en que foi atopado solto pola rúa, foi o día en que a súa segunda oportunidade chegou. Ás veces, é cousa do destino. Ou un de tantos milagros que ofrece a vida. CORREO foi sen dúbida algunha rescatado dunha vida á que, desgraciadamente, moitos miles de animais están sometidos sen que ninguén faga nada por evitalo, ou por porlle remedio. Especialmente neste país tan esaxeradamente rural, onde moitos aínda teñen un can coma se fose un obxecto, como sustituto “barato” dunha alarma de seguridade. Sen dúbida, houbo un tempo en que can e humano, vivían en simbiose porque a natureza gardiana desta especie, é algo innato e moitas veces incrible. Un tempo atrás, o homo sapiens vivía xunto aos canis lupus colaborando conxuntamente na caza, compartindo o calor dunha fogata, o cheirume da comida recén cociñada. Protexéndose e o máis importante: facéndose í.

Ben coñecida é a lealdade, e o amor incondicional dos cadelos cara o ser humano. Pero o ser humano, comezou a alonxarse da natureza, olvidando os vínculos cara os seus conxéneres, cara o resto dos seres vivos, e cara o planeta Terra. Volveuse orgulloso, egocéntrico, egoísta... ata o punto que agora, moitas veces, só convive con outros animais polo seu propio beneficio, olvidando que como seres vivos, todos merecen un respecto, e coma seres racionais que nós somos, é o noso deber e a nosa responsabilidade, comprender as necesidades dos outros, e cubrilas para alcanzar un ben COMÚN ao que todos aspiramos.

Pero Correo, coma moitos outros, vivía encadenado a unha parede. Unha parede creada por todos e cada un dos que, olvidando o seu pasado, constrúen murallas, cada vez máis altas, e grosas, imperturbables... que os separan cada vez máis de sí mesmos, e de todo ao que algún día se lle chamou HUMANIDADE.

Vivía encadeado a unha parede. As marcas do colar, agora imborrables, aínda recordan esa parte do seu pasado. Non tiña casa nin teito baixo o que refuxiarse. Vivía ao aire libre. O seu único contacto coa palabra liberdade era o vento, que por veces era incluso outro enemigo do que protexerse. Durmía sobre os seus propios excrementos... o máis parecido a unha cama, do que xamás poido ver. A súa vida sostíñase no alimento dos que por lástima, se achegaban, mais que non decían unha palabra a ninguén. A auga que bebía, era a da chuvia, aquela que o inverno lle regalaba, ás veces en forma de tormentas, e chuvias torrenciais... outras.... nin sequera o sei.

Detalle da ferida no pescozo

Nunca aprendeu a ser un cadelo, eso sí que o teño moi claro. Pola deformidade das súas patas, e a musculatura, parece moi evidente que o que sí que aprendeu, foi a saltar sobre elas, intentando romper a cadea que o mantiña preso. Con certeza crecería máis, pero a súa calidade de vida... simplemente non llo permitiu, e agora xa é demasiado tarde.

En calquera caso, Correo é un can moi cariñoso. Co seu carácter alegre demostra cada vez que está preto, a súa forte vontade e as súas crecentes ganas de vivir unha vida da que aínda non é moi consciente. Lévase moi ben cos nenos... e en realidade, con todo o mundo. É, ademáis, pola súa historia, o mellor garda que alguén poida ter, mais a súa nobleza é notable, pois non fai ningún mal xesto nin cara as persoas, nin cara a ningún outro cadelo. Encántalle xogar a recoller as cousas que lle tiran, ¡e faino! Aínda que logo dun rato prefira escondelas, que devolvelas. E incluso prácticamente responde ao seu nome: CORREO.


Correo saboreando a liberdade no centro

O que Correo aínda non sabe moi ben, malia o seu nome, é pasear con correa, se ben podo imaxinar que xamais tivo a oportunidade de pasear con ela. En calquera caso, é un can aínda xoven, e poida que teña moitas cousas que aprender, se ben hai unha que non lle fai falta que lle ensine ninguén, e é a dar CARIÑO, xa que ten moito que dar, e está moi disposto a facelo. Nunca o tivo, e mérecese saber dunha vez o que é vivir cunha familia de verdade.


Correo saboreando a liberdade no centro

Por certo, no Refuxio chámase Correo, pero a min gústame mais chamalo Vincent . ¿Que por qué? Se sodes fanáticos da serie “Perdidos” poida que o imaxinedes (ou non). Dalgunha maneira, dende o primeiro día me recordou ao can que salía nesa serie... e certamente perdidos... están os dous.

¿¿ “vivir xuntos, morir solos” ??

¡¡¡ADOPTA !!!

Fmdo. Alexis . Un voluntario máis.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mucho adelgazo ese can desde que entro

Anónimo dijo...

jajajajaja. Vaya comentario! (es sarcástico, por si no se nota)

Amiguiños Difusion dijo...

Me encanta la narración, pero CORREO no tiene nada que envidiarle al escrito, ya que es PRECIOSO. Difundiré su historia, a ver si aparece alguien que lo quiera de verdad.