jueves, 9 de febrero de 2012

Oxo, tamén en adopción



Este canciño tan simpático chámase Oxo e chegou ao Refuxio de Bando a mediados de outubro do ano pasado. O único que sabemos del antes de chegar ao Refuxio é que apareceu vagando polo Polígono do Tambre e que tivo moita sorte de que non o atropelasen. Calculóuselle unha idade aproximada de oito anos, mais non por iso deixa de ser un can moi alegre e xoguetón. Fáltalle un anaquiño de orella, non sabemos se é debido a unha mordedura ou a que alguén lla cortou adrede, pero segue sendo igual de guapo!


É moi tranquilo e obediente, e lévase perfectamente cos seus compañeiros de canil. Coa xente é moi agarimoso e sabe pasear sen correa, vai amodiño e sen dar tiróns.



Tivo unha forte infección na boca e estivo bastante maliño, pero agora xa está recuperado. Estes días vai moito frío e non o está pasando moi ben, polo que rogamos que nos axudedes a difundilo e a ver se entre todos conseguimos encontrarlle o fogar que se merece. Oxo estaravos moi agradecido!




Olalla

No hay comentarios: