viernes, 10 de febrero de 2012

Actividades dos voluntarios do Refuxio de Bando para o sábado 11


O vindeiro sábado día 11, en horario de tarde, os voluntarios de Bando realizarán dúas saídas en Santiago de Compostela:
Como é segundo sábado de mes, continuarán co punto de adopción na antiga oficina de Turismo, na Praza de Galicia. Unha vez máis estarán acompañados de varios amigos de catro patas, dispostos e preparados para seren adoptados en caso de atopar unha familia. As persoas que se acheguen ao posto informativo poderán mercar camisetas e calendarios do Refuxio, apadriñar un dos residentes de Bando ou facerse socios. O horario será de 16:00 a 20:00.

Así mesmo, de 16:00 a 20:00 estarán cun posto informativo na rúa García Prieto de Conxo, logo de seren convidados pola clínica veterinaria Castelcan. Levarase a cabo nesa rúa unha xornada de portas abertas, cada local fará algo especial ese día. Contarán ademais coa presenza de “TEOCAN”, profesionais que farán demostración de habilidades caninas.

Agardámosvos!!!

1 comentario:

Estela dijo...

¡Os esperamos a todos! :-D