Ola a tod@s,
en breve imos comezar unha nova campaña de castración de gatos e gatas da rúa. É moi urxente a situación dos gatiños da Almáciga, xa que están sendo envenenados constantemente por dous veciños da zona; desde Abeiro xa denunciamos esta situación, pero mentres a policía se decide a actuar, temos que tentar castralos e na medida do posíbel buscar novos fogares para a maioría deles, Tamén se castrarán os gatos que viven na residencia da terceira idade das Rodas, xa que temos o apoio da dirección para collelos.
Como sempre: precisamos xente para captura e traslado dos gatos ás clínicas colaboradoras, xente que poida ter ou atopar lugares de acollida (temporal ou permanente) para eles e elas, e tamén que difundades entre amigos e amigas que quizais queiran e poidan axudar.
Contestade a este correo coa vosa disponibilidade e ganas de axudar. Grazas de novo. Unha forte aperta
Asociación abeiro asociacionabeiro@gmail.com
Blog abeiro www.asociacionabeiro.blogspot.com
En facebook http://www.facebook.com/#!/pages/Asociacion-Abeiro/126302376596
No hay comentarios:
Publicar un comentario