Facemos
unha entrega máis sobre os fermosos e bos cans de orellas longas que
hai en adopción no Refuxio de Bando: femias e machos de distintas
razas e cruces, dende cachorros a cans adultos e avoíños. Todos
estes seres marabillosos esperan ao seu rescatador, alguén moi
especial como ti que lles dea un verdadeiro fogar.
 |
Aú |
Nome: AÚ
Data de ingreso: 09-08-2011
Sexo: macho
Raza: mestizo caza
Peso: 13 kg
Ano de nacemento: 2009
Pelo: corto
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Atopado nunha leira no
camiño de Lermo, levaba 2 meses andando pola zona. Non se leva ben
coas ovellas. Chega con moito medo.
 |
ALAMAK |
 |
ALAMAK |
Nome:
828-09 ALAMAK
Data de ingreso: 31-08-2009
Sexo:
femiaRaza: cruce pointerx setter
Peso: 11 Kg
Ano de
nacemento: 2009
Pelo: corto
Historia: Hai un aviso duns
cans que vagabundean pola estrada, desfalecidos, asustados. Con moito
traballo consigue collelos, estaban cheos de pulgas e moi moi
delgados.
 |
STOYKO |
 |
STOYKO |
Nome: STOYKO
Data de ingreso: 05-12-2011
Sexo: macho
Raza: mestizo grifón
Peso: 12 kg
Ano de nacemento: 2011
Pelo: medio
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Seguramente se
extraviou o domingo que é día de caza. É moi medoso.
 |
TURRONA |
Nome:
0192-12 TURRONA
Data de ingreso: 12-04-2012
Sexo: femia
Raza:
mestizo grifón
Peso: 17 kg
Ano de nacemento:
2010
Pelo: medioHistoria: Atopada en San Lázaro, é
moi boa e sumisa. Chega en bo estado.
 |
FERRIÑO |
Nome: 0171-12 FERRIÑO
Data de ingreso: 04-04-2012
Sexo: macho
Raza: mestizo beagle
Peso: 12 kg
Ano de nacemento: 2008
Pelo: corto
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Chega con outro can,
son moi cariñosos.
 |
SAROSA |
"Sarosa" unha maravillosa
azul de gascuña de tamaño mediano presumiblemente abandoada, que
deambulaba pola zona de Pontemaceira e arredores, nese tempo
mostrouse algo tímida mais non fixo mal a ninguén. A pobre chegou
bastante enferma.
 |
SAROSA |
Nome: 0474-12 SAROSA
Data de
ingreso: 03-08-2012
Sexo: femia
Raza: azul de gascuña
Peso:
24 kg
Ano de nacemento: 2000
Pelo: corto
Esterilizado/a:
Pendente
Historia: Apareceu perdida e trouxerona os de Protección Civil de Ames.
Chega parasitada e con sarna, non está
moi ben e é moi vella.
 |
NANO |
Nome: 892-11 NANO
Data de ingreso: 02-10-2011
Sexo: macho
Raza: mestizo grifón
Peso: 13 kg
Ano de nacemento: 2010
Pelo: medio
Esterilizado/a: Pendente
Historia: Estiveron buscándolle
casa pero non atoparon, vivía cunha persoa maior e ao ser tan
dinámico non o pode seguir tendo. Moi boíño e cariñoso.