martes, 25 de septiembre de 2012

Albertito, en adopción no Refuxio de Bando




Albertito é un de tantos gatiños que están medrando no refuxio. A principios de xuño atopárono na rúa xunto á súa irmá Paola e dende entón ambos seguen agardando que alguén se fixe neles. É bastante tímido e mantén as distancias coa xente, aínda que tampouco responde con agresividade. Nun fogar logo perdería a súa timidez, simplemente necesita que alguén queira darlle unha oportunidade.
Atópase no Refuxio de Bando (Santiago de Compostela), e entrégase con contrato de adopción, vacinado, desparasitado e esterilizado. 




Contacto: voluntariado.bando@gmail.com

No hay comentarios: