jueves, 14 de octubre de 2010

KOKO: un can especial do refuxio de bando (ADOPTADO!!!!)


puxen can especial, e non caso especial, pois realmente este can é especial. agora, tal como o vedes, está moi delgado, pero estivo moito máis. come ben, pero se pon moi nervioso por estar encerrado, co cal engorda moi despaciño. cando sae ós paseos, parece outro. calmado, cariñoso, non para de move-lo rabo. necesita un fogar onde se sinta a gusto, pero iso non implica que haxa que tomar medidas distintas a calquera outro can. necesita mimos, tantos ou máis dos que da el. necesita comer nun sitio tranquilo. se hai máis cans, e lle comen a súa comida, tería que dárselle a parte. en fin é especial!!!! pero coma ti ou coma min. os mimos os necesita todo o mundo, tanto persoas, nenos ou nenas, vellos ou vellas, cans ou cadelas, gatos ou gatas, etc, cada un da súa maneira, porque somos e son distintos, pero iso non quere dicir que non os necesitemos.
.
KOKO ESPERA QUE TE FIXES NEL. COMO É TAN DELGADO, POIDA QUE PASES DE LONGO, POR ISO PIDE QUE TE PARES UN INTRE, O MIRES COMO SE TEN QUE MIRAR, CO CORAZÓN, E LLE DES UN POUCO DO TEU TEMPO PARA PODER DEMOSTRARCHE TODO O CARIÑO QUE LEVA DENTRO.
.
.
.



2 comentarios:

vir dijo...

está na casa de jacobo, voluntario, a ver se engorda algo.

que ben.

Ollo ó can! dijo...

ADOPTADO!!!!