domingo, 3 de octubre de 2010

AXUDA URXENTE Á ASOCIACIÓN ABEIRO - abeiro colabora activame co refuxio de bando - por favor necesitan axuda económica

.

De: abeiro abeiro asociacionabeiro@gmail.com Enviado: sáb,2 octubre, 2010 20:19

Asunto: SANCIÓN A NIEVES Prezados amigos e amigas, normalmente non soemos enviar correos pedindo colaboración económica, pero esta vez pensamos que pola gravidade do feito, é necesario que a maior parte das persoas que poidamos e queiramos colaboremos co que poidamos, ainda que sexa testemuñal, un euro é suficiente. Nieves é unha veciña de Santiago que cada día sae co seu carro cargado de comida para alimentar a varias colonias de gatos da cidade. Desde hai varios meses, é perseguida pola policía local pedindo a súa identificación porque varias persoas se queixan de que tamén pon grans de cereais na praza de Vigo e que iso atrae ás pombas. Cando está no campus dando de comer aos gatos, tamén se achegan a ela dicindo que o que fai é ilegal, e que a van denunciar. Finalmente recibe unha notificación de sanción económica, que é recurrida en dúas ocasións. Hai uns días, chega a multa de 750 euros, tendo un prazo duns días para pagala. Nieves gasta moito diñeiro mercando comida para os gatos, e entendemos que é unha inxustiza que se sancione á xente que está coidando dos animais abandonados e non a aqueles que os están envenenando ou abandonando, como reiteradamente vimos denunciando. Con este apoio a Nieves, rexeitamos esta política do Concello, e pedimos que reconsideren estos feitos. Cremos que os dereitos dos animais son constantemente vulnerados na nosa cidade sen que se sancione aos maltratadores.

Grazas pola vosa atención. Un saúdo.

A nosa conta é 2100 5702 18 0200015767. oficina la caixa de San Roque de Santiago
En concepto : APOIO A NIEVES.

abeiro abeiro asociacionabeiro@gmail.com


pax facebook da asociación abeiro
http://www.facebook.com/pages/Asociacion-Abeiro/126302376596?ref=ts#!/pages/Asociacion-Abeiro/126302376596?ref=ts

blog da asociación abeiro
www.asociacionabeiro.blogspot.com

No hay comentarios: