miércoles, 6 de octubre de 2010

Pensamentos dun can: sentimentos. CAPÍTULO III: ESTOU AQUÍ, É QUE NON ME VEDES??


Outra vez esa escuridade.
... ...Outra vez esa escuridade!!!!!
... ... ... O rabo entre as patas. O pelo negro. Os ollos de pena. Medos xa está perdendo esa chispa. Esa chispa que vai por debaixo de todo ese pelo, de toda a súa pel. Medos é precioso, pero con tanto medo, o seu pelo non luce. Con tanto medo, o rabo se lle agocha, e o lombo se lle curva. O nome, puxéronllo ó chegar, daba arrepío velo. Pero non se lle da cambiado o nome, mentres non se lle vaia ese medo. E non se lle vai ese medo mentres siga espertando ás escuras e revivindo os momentos antes de chegar alí. E claro, con ese medo, o seu pelo negro coma o azabache non luce, pois a tristura lle chega ás puntas dos pelos. E claro, así non se fixan nel, aínda que eu ben sei que por dentro vota de menos o calor dun fogar.


E, cos seus ollos tristes, case me chegan ós meus oídos un chío silenciado dos seus pensamentos: Estou aquí! É que non me vedes!?

.

Asinado coa pata traseira: medos.

.

Por Vir e os alumnos e alumnas de 1º eso do Ies de Ames, curso 09-10

.

.

"MEDOS" É UN CAN MEDIANO, NEGRO, CON PELO LONGO, SUAVE E BRILLANTE. Leva xa moito tempo no refuxio, e agarda que alguén se fixe nel. Pasa desapercibido, pero está aí, esperando que te fixes nel. É un can moi querido no refuxio.

POR DENTRO: tranquilo, bo, cunha personalidade singular, e POR FÓRA: preciooooooooso.
.

No hay comentarios: