domingo, 24 de octubre de 2010

AVISO: a cadela LILA


hai unha canciña, LILA, de cor negro azabache, pelo liso, co pelo longo nas orellas, os lados do corpo e o rabo. moi tranquiliña. pequena. gran protagonista do GRUPO SARELA, que son os cans cos que os compoñentes da Asociación Sarela de Dano Cerebral fan actividades, e seguen unha terapia.

pois, esta canciña, LILA, tiveron que separala, xa que do boa que é os outros cans do canil se pelexan con ela. para evitar riscos maiores, separárona. tódolos cans do grupo sarela son pequenos e pequenas, e dos que se pode dicir moi tranquilos.

agora mesmo LILA é a que necesita con máis urxencia adopción.

No hay comentarios: