martes, 12 de mayo de 2009

Can abandoado en Ames

A tarde do 30 de abril a iso das 18:00, pasabamos no coche pola zona de Bertmairáns no concello de Ames. Vin un can e algo que me pareceu sospeitoso polo que demos volta a ver se todo estaba ben.Cando chegamos atopamos un can de tamaño grande amarrado de mal xeito a unha sinal de información turística do concello. Tiña varias bridas plásticas a modo de eslavóns de cadea atadas da sinal ao pescozo do animal. Víase contento e non estaba ferido pero tiña moita sede (Recordade o día de calor que fixo). O primeiro que fixemos foi buscar auga. Antes de desatalo chamei á policía local de Ames coa intención de denuncialo feito de abandono do animal e que puidesen ver cómo estaba atado o animal. A miña sorpresa é que o primeiro que me di a policía tan alegremente é que non me preocupe de nada e que siga co meu paseo xa que xa están ao tanto de que o animal se atopa alí, xa que foron eles quen o ataron.Os que me coñezades, xa vos imaxinades cal foi a miña reacción ante tal resposta pero para os que non, vos digo que lles pedín todo tipo de explicacións e de indicacións de que o animal non podía estar alí atado. O momento máis célebre da conversación telefónica foi cando me di o axente co que estaba falando que "era un procedemento temporal ata que puidesen avisar á persona encargada de medio ambiente para que se fixese cargo del xa que era un venres festivo e ese servizo non funciona nin os festivos nin os fins de semana. E que a súa actuación fora a máis apropiada xa que o can estaba pola rúa e que atándoo xa fixeran máis do que estaban obrigados a facer él." Nesta situación, como é obvio, pedín que viñesen ó lugar xa que non estaba disposta a deixar alí o can atado ate o luns se é que lles acordaba dar o aviso...Cando chegaron, me pediron a identificación para darme a "custodia" do can (como se non o puidese haber levado ninguén) e tras unha longa conversación decidimos facernos cargo do can.Levámolo ao Refuxio e alí segue sen que ninguén o reclame. Esta denuncia non está dirixida unicamente á actuación policial senón á administración do concello que non contempla que os animais se poidan extraviar ou ser abandoados os días festivos e fins de semana, e moi especialmente á xente que nun día tan bonito como foi ese venres, camiñaba por ese paseo e non se dignou a mirar para él.
Kelly

9 comentarios:

Ollo ó can! dijo...

e por suposto tamén esta dirixida a denuncia á xente que o abandonou...

gracias Kelly e Chus

Anónimo dijo...

É incrible que actúen así as persoas que teñen a obriga de velar polo cumplimento das leis, neste caso a de protección animal... ¿non é maltrato deixar un animal preso durante 3 días sen auga, comida ou amparo?
Creo que publicar e difundir cada caso de maltrato ou abandono é moi útil, ó igual que tentar por tódolos medios dos que dispoñemos buscar fogar para uns animais ós que lle poñemos cara, pero temos que pensar en grande. Non se pode permitir que haxan tantos Concellos que incumplindo a lei, non dispoñan de ningún servicio de recollida de animais, ou peor aínda, que a cumplan á súa maneira (véxase o célebre caso da Baña)...
Kelly

Anónimo dijo...

Hola.
Ante todo perdonad si este no es el sitio adecuado para mi pregunta pero es que llevo poco tiempo viviendo aqui(concretamente en el ayuntamiento de Ames) y estoy un poco perdida en estos temas.
Me gustaría saber si hay algún autobus que llegue hasta el refugio porque me gustaría mucho hacerme voluntaria pero no tengo carnet y me da mucha rabia no poder colaborar por ese motivo.
Muchas gracias,un saludo.
Marisa

vir dijo...

ola marisa!!! encantada de poder axudarche, e xenial que te animes!!! pois ben, hai buses dende milladoiro ou bertamirans, etc a santiago, tanto á entrada coma á rúa da rosa, pero para o refuxio directamente non sei... o que sí, dende o palacio de congresos ata bando hai 6 km

mesmo tamén podes escribir ó correo que aparece nesta páxina, á esquerda, e seguro que che resolven tódalas dúbidas

igual pode que che coincida con algunha que suba

Anónimo dijo...

Muchas gracias por la información Vir.
A ver si me entero de lo de los autobuses y si no estoy animando a una amiga para hacernos las dos voluntarias e ir en su coche.
Marisa

vir dijo...

escribe un correo a abeiro, a susana, i ela pode dicirche como hai qué facer (o correo está Á ESQUERDA)

Anónimo dijo...

O que eu penso é que esto debería sair na prensa. É un evidente caso de maltrato. E o máis increíble é que non é o primeiro caso no que a xente de Ames, ou que pasa por aquí e atoupa un can, tense que ver coa policía municipal (que non poño con maiúsculas porque non o merecen).
Un pouco máis de seriedade e de traballo, por favor, e menos estar parados nun bar de Bertamiráns;a maioría dos habitantes sabemos onde ir a buscar a un municipal e non é á comisaría.

vir dijo...

a marisa. cóntame... conseguiches falar coa protectora. o correo é o da protectora abeiro asociacionabeiro@gmail.com
pos atención susana

ou por tfno, ou o correo do refuxio...

espero (impaciente) a ver se me contas que xa eres voluntaria, ou xa sodes... eu fun xa hai, e volvín esta finde, e guaissssssss!!!! e ademais por fin coñecín ó can que teño apadriñado, "poldro", que aparece nun artigo de fai uns días.

Anónimo dijo...

É incrible!!! apoio o comentario de Ana acerca de que debería sair en prensa. Non se solucionaría nada, pero polo menos a xente dese concello estaría máis alerta do que realmente acontece cos seus animais...