domingo, 31 de mayo de 2009

Urxe adopción gato na coruña(esta en acollida)

Acabamos de recibir de Aldea Felina a seguinte mensaxe de acollida dun gato que se atopa na canceira da Coruña. A súa dona está nunha casa de acollida por maltrato, e non lle deixan ter alí ao seu gato de oito anos ( outro maltrato, desta vota psicolóxico para o gato e para a muller). A Garda Civil levouno a canceira en Cambre. A súa dona está desesperada e pide axuda. Non quere abandonar ao seu gato, sería un fogar transitorio onde o poida ter até qeu atope unha vivenda. Está disposta a pagar os custes qeu acarree o gato. A ver se entre todas e todos atopamos unha solución. Só hai até o luns para sacalo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ogallá apareza alguén, xa para a señora sería outro golpe máis. Non é xusto!

abeiro dijo...

Grazas a todas e todos que mostrastes interese: Lola, Isabel, Magolla. Finamente atoparon acollida nunha casa da Coruña. Está claro que sabedes respostar cando sodes necesari@s. Unha aperta

Anónimo dijo...

Esta moi ben a reportaxe que saiu do Refuxio no Santiago Siete do venres pasado!