lunes, 18 de mayo de 2009
E Bali atopou un fogar....
Como nos gustan estas novas! Bali, a tímida gatiña que chegara hai máis dun ano ao refuxio, e que moitos nen coñecían, pois o seu carácter facía que se escondese en canto recuncho atopase, xa coñece outro mundo fora das gateiras do refuxio de animais. A súa nova familia cóntanos que xa está totalmente adaptada ao seu novo fogar, e que sae e entra ao seu antollo, inspeccionando canto se move. Desde Abeiro queremos animar á aqueles que estades pensando en ter un compañeiro, a que adoptedes un animal adulto. No refuxio hai cans e gatos como Bali, que só queren que lles dedes a oportunidade de roubarvos o corazón
Susana
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
noraboa bali!!! amin tamén me gustan este tipo de novas...
Publicar un comentario