miércoles, 4 de febrero de 2009

¡¡Matar por matar non!!




O pasado 24 de xaneiro tivo lugar en Rodeiro a VI Copa de España de caza de Raposo. Desde Abeiro sumámonos ás asociacións ecoloxistas e animalistas que protestaron e pediron a supresión da barbarie, asistindo a unha concentración diante do lugar onde foron entregados os premios aos heroicos cazadores.
Desde Abeiro criticamos que a Consellaría de Medio Ambiente financie e respalde a matanza. Como sempre dicimos, é labor das institucións educar e dar exemplo, e mal exemplo se da utilizando diñeiro público para fomentar o asasinato de seres vivos inofensivos para o ser humano, e necesarios para preservar a nosa biodiversidade.
O 24 de xaneiro morreron 40 raposos só para que seres humanos tivesen un día de festa. Nós non entendemos o divertimento de ninguén baseándose no sufrimento de calquer ser vivo. Esperamos que non haxa VII copa, e agora, en pleno período eleitoral, pedimos ao próximo conselleiro que valore que tipo de sociedade quere atopar ao final do camiño.
Susana Romero

5 comentarios:

Anónimo dijo...

o mesmo digo. non ó maltrato animal. non ás matanzas por divertimento...

espero quen lea este artigo colla algo de conciencia...

e que isto nos faga ser máis humanos...

bicos. vir.

Eva dijo...

Yo espero que los cazadores tengan cierto tipo de accidentes

Anónimo dijo...

Un bicazzzzzo a todas/os, que fai moito tempo que non vos vexo ¡e fagovos tanto de menos...!
Creo que o que acaba de dicir Eva é moi forte ¡por deus! a esa xente que se preocupa tanto pola ecoloxia, por conservar os bichos a base de matalos, que vai ao monte en similares condicions cas dos animais que por alí pululan... ou e que nunca vistes un coello cunha escopeta? En fin, Eva, eu e algún mais somos uns extremistas, menos mal que está Susana para manter a cordura.

Anónimo dijo...

Je je, para eso es la presi. Yo no serviría para mantener las formas e igual nos denunciaban por difamación, insultos o cosas así...

Anónimo dijo...

vaia!!! voume unir!!!

(isto, como dicía cando era pequena... "falade ben, que non costa un carallo e queda cojonudamente")sí, esto de ser politicamente correctos...

logo che sacan as "cosquillas", cambian o contexto, nos meten a todos no mesmo saco... eu xusto, traballo no traballo ideal, onde todos teñen dereitos, e logo che veñen exixindo... pero despois de ver cómo eres, que medias, que os escoitas, que os informas, que os axudas, que lles metes contidos, e humanidade, e ás veces, os pos no seu sitio, lles pos unhas normas de convivencia, etc, despois danse conta!!! menos mal, que ese % é máis pequeno que o de alumnos e alumnas responsables, humanos, críticos, maduros... pero un % pequeno pero moi ruidoso, co cal, parecen máis.

*******************

eu sigo dicindo que agora os xabaríns atacan as leiras, despois dunha xuntanza a tarde anterior, onde planificaron todo, ou aquel raposo comeu aquelas galiñas porque o señor o mirou mal...

XA, XA. vexo que de natureza básica... non digo nada... pero o que está claro, e que se arden os montes, os animais van buscar comida... o que non saben, e que igual son eles os comidos.

**************

un bicasssso. pa tos, e pa toas. e pa vo-las dúas, que me facedes espertar... graciñas por estes comentarios. a min axúdanme a seguir adiante... (PATRÁS XA IMOS NÓS)