lunes, 9 de febrero de 2009

Madonna como no...

Cómo é posíbel que aínda non falásemos no blog de Mado? Ela chegou en novembro nun estado moi malo. Aínda que xa xa era maior para ter descendencia,cruzárona seguramente co obxectivo de ter pequenos pointer para a utilizalos logo no estupendo deporte da caza. Houbo que tratala para cortarlle o leite, e logo esterilizala. Madonna seguro que foi explotada como mamá para criar durante toda a sú vida, e como premio, cando foi vella,abandonárona. Ela é desas cadelas que só quere xente, está na parte "humana" do refuxio, porque coa súa idade xa non soportaría o frío dos canís. Temos que botala fora para que lle dé un pouco o aire, e enseguida se pon na xanela para dar pena e volver para dentro. Só quere mimos e unha cama confortábel onde descansar de todo o que leva traballado na súa vida. É unha compañeira ideal para nenos e nenas, porque é moi paciente e intelixente. Cun pouquiño de atención é totalmente feliz, e cunha larpeirada, será a túa amiga leal para sempre. Susana

3 comentarios:

Anónimo dijo...

esta cadela tamén tiven a gran oportunidade de coñecela... e si, a descrición é clavada...

sooooooooorte!!!!!!!!

********************************

a ver cando podo ir pasear ós cans... xa me organizo... e en canto poida xa vou... e igual van outras 2 amigas tamén a pasealos... estou en trámites de convencemento... a verdade, se deixan levar... me encanta!!!!

e quería saber algo de lobita, eu a coñecín por ese nome

bicos. vir.

Eva dijo...

Yo creo que Madonna es mejor que no la adopten, es tan feliz en el refugio que me parece que fuera de él estaría triste. Aunque claro, también hay que tener en cuenta que, dada la vida que debió llevar antes de llegar a Bando, para ella la perrera es el paraíso. Aunque mal no vive, la abueleta, y está acompoañada de Pinto

Anónimo dijo...

Qué te puedo decir, mi pequeña Madona, que no te diga todos los días? Eres un sol, un ejemplo de amor en forma de perro, una pesada (jejeje) pero das más alegría con uno sólo de tus empujonoes que mucha de la gente que conozco junta. No te vayas nunca Mado!! (a menos que sea para una buena casita, ahí sí que te dejo ir)