Corbata foi un dos compañeiros do refuxio coñecido por todos. Levaba desde o comezo, desde o ano 2005, e ninguén se fixaba nel. Outro can invisíbel, non valorado nen considerado por non ser "de raza", nen cachorro... Corbata vía como as súas posibilidades de atopar unha familia diminuían, até que un día apareceu Jacobo. Jacobo quería un amigo, e preguntounos quen podería ser. Nós falámoslles de Corbata, e ese día a súa vida cambiou para sempre. Corbata marchou con el sin mirar para atrás, o cal sempre nos fai moi felices, e as novas que tiñamos del eran as que desexamos para todos:" non se separa de nós, e moi cariñoso, obediente...". Un ano despois Jacobo volve ao refuxio e marcha con Mini, a cadeliña beagle á que lle falta unha patiña . A familia medra. A vida sempre nos sorprende con momentos duros, e hai unhas semanas, un ano e medio despois da adopción de Corbata, Jacobo comunica unha enfermidade grave. Corbata é operado pero non resiste o postoperatorio. A despedida é para sempre. Neste momento tan triste e duro, queremos agradecer de corazón a Jacobo que enchese de felicidade a súa vida. Historias como as de Corbata e Mini fannos acudir ao refuxio coa ilusión e coa esperanza de que outro mundo é posíbel.
Por Susana
lunes, 23 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Viendo esa fotografía ya no nos hace falta ver a Jacobo, nos hacemos la idea de como puede ser esta magnífica persona.
Gracias por ser como eres ...
Vaya, si se levase adoptada a Madonna nos quedaríamos todo contentísimos y muy tranquilos
Publicar un comentario