Obxectivos da campaña
- Sensibilizar á cidadanía sobre a problemática real que representa o incremento de animais abandonados nesta zona, e polo tanto reforzar a idea do NON abandono.
- Concienciar da axuda que esta cidadanía pode prestar para dar solución a este problema a través da adopción de animais.
- Fomentar o cambio de actitude con respecto á compra de animais, intentando que se valore como unha acción máis positiva a adopción.
- Reforzar o uso e a implantación do microchip identificador.
Mensaxes da campaña
As mensaxes da campaña están baseadas nos obxectivos da mesma:
- Aforro de cartos! Están a evitar a compra do animal.
- Os animais adoptados son moito máis agradecidos. Nunca olvidan!!!
- Entrega do animal en condicións óptimas: microchip, vacinación,esterilización! Ademáis, a un prezo inferior que se o fixera o propietario de forma externa ao Refuxio.
- A mensaxe que transmite a adopción axuda aos pais a educar aos nenos na responsabilidade e nos valores.
- O gran sufrimento que comporta o abandono, ademáis das sancións coas que está castigado.
A comunicación da campaña configúrase do seguinte modo:
- Campaña informativa da problemática actual: Adopción; Abandono; Tenencia responsable; Outros temas
- Campaña de concienciación e sensibilización para promover a adopción animal.
- Campaña de implantación do microchip identificador
A campaña compleméntase cunha serie de accións de carácter formativo e informativo:
- Tour guiado polo refuxio para os medios xeralistas. Posibilidade de que coñezan de primeira man as instalacións do centro.
- Charlas nas escolas/institutos.
- Charlas nos centros de día para maiores.
- Difusión folleto informativo.
- Difusión pegatina co logotipo da campaña.
- Creación dun día específico da Adopción Animal
PARA DESCARGAR A PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA:
http://www.refuxio.org/actividades/campana_refuxio_2011.pdf
ACTIVIDADES REALIZADAS ANO 2010 E XANEIRO 2011
Despois da gran acollida do mercadillo solidario feito o pasado 18 e 19 de decembro, a Fundación Refuxio de Animais e os voluntarios desta, aproveitando o novo ano e a chegada dos Reis Magos, imos repetir o mercadillo solidario a favor desta Fundación. Desta vez será a vindeira semana, os días 3, 4 e 5 de xaneiro, dende as 11.30 da mañá ata as 19.30 da tarde.
Dentro da actividade está prevista a venda de material de segunda mAn novo ou usado cedido de xeito gratuíto e totalmente desinteresado por voluntariado e persoas alleas ao centro.
Tamén se venderá material para animais domésticos; este material está de forma habitual no centro da Fundación sito en Lugar de Zarramacedo, Bando s/n.
Co recaudado nesta actividade, preténdese seguir co proxecto da Fundación en canto ao benestar animal se refire: xestionar adopcións, adopcións internacionais e acollidas; garantir o bo estado sanitario dos animais residentes no centro e a atención veterinaria cando o precisan; campañas de educación e concienciación sobre protección animal; difundir boas prácticas en canto a tenza de animais domésticos; etc.
A ubicación é, como na anterior ocasión, no kiosco de cristal que hai no centro da Praza Galicia de Santiago de Compostela.
Agradécese a aportación de material donado por calquera persoa que desexe colaborar na actividade.
18-19 de decembro 2010
Praza de Galicia. Estaremos no centro da Praza cun mercadillo solidario para recaudar fondos para os animais do Refuxio. Podes aportar os teus "cachivaches" para a venda traéndoos ao Refuxio ata o día 17 de decembro pola mañá, ou mercar algunha das moitas cousas interesantes que teremos!! VEN A VERNOS!!
11 de decembro 2010
Na praza de Cervantes, a partir das 12 da mañá e ata a tarde estaremos na praza cos cans e os voluntarios da Fundación Refuxio de Animais (Refuxio de Bando). Daremos información sobre o centro, venderemos material e, coma sempre, levaremos cans que poderán ser adoptados alí mesmo.
MES DE AGOSTO E SETEMBRO 2010
Durante o pasado mes de agosto, o voluntariado do Refuxio de Animais realizou un total de 4 saídas ao centro de Santiago. Grazas a eles e ao seu esforzo foi posible conseguir: apadriñamentos, doazóns para o centro e, o máis importante, un total de 3 adopcións!! Ademáis de Xisca, Kanguro e Vila (nas fotos) tamén foron adoptados. Kanguro, que levaba máis de 4 anos no Refuxio, foi para Huesca a unha moi boa casa. E Viliña, que levaba dende o 2007, tamén tivo moita sorte.
Dende a Fundación queremos agradecervos de novo a vosa axuda, o voso enorme esforzo cada fin de semana e a gran responsabilidade mostrada por cada un de vós.Tamén agradecer a tódolos cidadáns e peregrinos que se achegaron á nosa mesa e aos animais sempre cun xesto de cariño e dispostos a axudar no posible dentro cada un das súas posibilidades.
E vos animamos a continuar con nós todo o vindeiro mes coas saídas que se van facer tamén durante os sábados de setembro. De 16:00 a 22:00 horas seguiremos en Santiago cos animais e coa información do centro os vindeiros días 18 e 25 de setembro, na Praza de Cervantes.
Actividade SARELA
Vaise realizar o 23 e 24 de setembro na Alameda. É unha exhibición de Agility feita en colaboración da Asociación Sarela coa Fundación Refuxio de Animais. Os cans participantes son do Refuxio de Bando e foron adiestrados polos miembros da Asociación Sarela. Ademáis, organizarán un mercadillo benéfico a beneficio de dita Asociación. Non volo perdades!!
Os sábados de agosto e setembro o voluntariado realizará saídas
Os vindeiros sábados 21 e 28 de agosto o voluntariado da Fundación Refuxio de Animais vai realizar unhas saídas á Praza do Toural de Santiago coa finalidade de achegar o Refuxio aos cidadáns e visitantes de Santiago. Irán moi ben acompañados por cans do Refuxio que poderán ser adoptados alí mesmo. Tamén se poñerá á venda material do centro. O horario é a partir das 16.00 h e ata as 22.00 h aproximadamente, se o tempo o permite.
Esta mesma actividade continuará no mes de setembro na praza de Cervantes durante os días 18 e 25 no mesmo horario que no mes de agosto.
VEN A VERNOS!
XISCA foi adoptada o pasado sábado 14 de agosto! Noraboa XISCA!!
Noraboa a tódolos voluntarios que participaron desta actividade! Grazas a eles, e a todos aqueles que non puideron estar por distintos motivos, XISCA xa ten un fogar!
O pasado domingo dia 5 de setembro o voluntariado do Refuxio realizou unha saída cos cans ao Monte do Pedroso en Santiago. Ademáis de informar e amosar os cans do centro a tódolos que quixeron achegarse a eles, tanto os voluntarios como os cans desfrutaron xuntos dun gran día.
“Minicanmiño” de Santiago dun grupo de “Peregrinos”
Dez cans da Fundación Refuxio de Animais van a relizar, o sábado 12 de xuño, a derradeira etapa do Camiño de Santiago, dende o Refuxio de Bando ata a Praza de Cervantes para fomento da adopción de animais abandoados así como para informar sobre formas de colaboración coa Fundación.
- Máis información (versión en español e galego - pdf, 25 Kb)
- Fotos dos animais (versión en español e galego - pdf, 2 Mb)
- Percorrido que se vai realizar (jpg, 95 Kb)
http://www.refuxio.org/actividades.htm