sábado, 8 de enero de 2011

TEMOS NOVOS AMIGOS!!! Asociación COMETA - Narón - A coruña




refuxio en construción da asociación cometa


Ola, son María, voluntaria da Asociación Cometa:
Estou nunha protectora de Narón, chámase Asociación Cometa e nestes momentos estamos coa contrución dun refuxio. O terreno xa é propiedade da Asociación desde hai uns anos e agora temos xa licencia de recollida de animais e de construción do refuxio.

O problema son os de sempre recursos económicos e de man de obra pois estamos 3 persoas no noso tempo libre poñendo bloque e facendo cemento, jejeje... pero bueno é gratificante.

Os animais que temos en adopción son de particulares pois polo de agora non temos infraestrutura para poder recoller, so cans e gatos que temos na nosas casas.

A nosa páxina web é www.asociacioncometa.org



e tamén estamos polo facebook http://www.facebook.com/?sk=messages&tid=1819854662483#!/pages/Asociacion-COMETA/138614062833645


Agradezo moito estar en contacto contigo porque a túa experiencia pode servinos de axuda a nós que somos principiantes, así que para calquera dúbida poñereime en contacto contigo e "abusarei" un pouquiño desta nova amistá.
De feito propuxen nunha reunión facervos unha visita a Bando para ver como tedes contruídos os caniles e a infraestrutura en xeral, para nós sería de moita axuda, pois de albañileria non temos moita idea.
Pois unha aperta e feliz ano!!!!... seguimos en contacto

1 comentario:

Ollo ó can! dijo...

http://www.asociacioncometa.org/