martes, 13 de marzo de 2012

Jimis tamén nos envía saúdos

Jimis leva unha semana no seu novo fogar e xa está plenamente integrado tanto na súa familia humana como canina. A súa dona contounos que este fin de semana estiveron facendo unha ruta de sendeirismo e que o pasou en grande. Pero non todo vai ser diversión! esta ruta tamén lle serviu de adestramento para a excursión ao Caurel que teñen programada para Semana Santa.

Gala e Golfo, os novos compañeiros de Jimis



Jimis e Naski, outro dos seus compis


Tamén nos contou a súa dona que traballa en equipo con Gala: ela "arrasa" o céspede e el colabora co "riego automático" das flores. Que máis se lle pode pedir?


Jimis con Gala



Que sexas moi feliz, Jimis!!!


Nuria


3 comentarios:

GALANTIQUA dijo...

Qué alegría!!! me alegro mucho por él... lo bañé un día para ir a la tele y me enamoró! me alegro mucho que tenga un hogar! es un perriño adorable

Ana

Anónimo dijo...

Ya le dije yo a Vir que lo llevase a la tele que era superbueno y tranquilote y no me equivoqué y gracias a Nuria por ayudarme a que esta adopción se llevase a cabo. Se le ve guapísimo.

vir dijo...

guapo!!!!! e boísimo, na tele se portou xenial... noraboa!!!!