domingo, 10 de octubre de 2010

QUE FACER SE ATOPACHES UN CAN - (PERDIDO OU ABANDONADO) - QUE FACER SE PERDECHES UN CAN - teléfono 092 - laceiro

ISTO SON UNHAS COUSIÑAS QUE PODERÍAN AXUDAR

avisar ó refuxio, e que avisen ó "laceiro", unha ver avisado irá pola zona que lle dixestes, na maior brevidade posible, pois depende onde estea, ou poida que teña outras recollidas

se o can se deixa coller ou se mete nunha finca, ben porque estará localizable, e se evitan os atropelos

se non se da collido ou ou non podedes quedar aguantando o can, avisade igual

o laceiro vai estar pendiente dese caso ata poder atopalo


IMPORTANTE

se non tedes o tfno do refuxio, chamade ó 092 e que vos pasen directamente co laceiro.

Santiago, Teo, Ames, e varios concellos máis teñen servizo de recollida de cans, o laceiro está no refuxio, pero tamén tedes medioambiente, que vos mandan a brigada de recollida ó sitio, ou pasan pola zona, e levan os cans ó refuxio.

tamén podedes chamar á policia e que vos den o tfno da policía dese concello, ou xa directamente o tfno de medioambiente, ou para preguntar se alguén deu un aviso da perda ou dun can abandonado

o que é moi importante é que o laceiro o saiba, para ir ata o lugar, e pasar de novo noutro momento se non o atopa, (é a persoa que os recolle, igual que as brigadas)

recordo de novo, que o 092 é o tfno máis cómodo e fácil de recordar

á esquerda aparecen os datos do refuxio, tamén podedes gardar na vosa axenda o tfno, porque nunca se sabe, (ten horario de mañá)

facédeo polos cans que ben seguro que o están pasando mal, e mesmo poden ser atropelados, producir un accidente, poden morrer de fame, frío, poden tirarlles pedras, coller enfermidades, etc

tamén podedes deixar un comentario, e xa intentaría eu avisar ó laceiro, o problema que pode haber é que tardemos en lelo

NOTA: pode que a túa mascota xa estea no refuxio:
cans http://www.refuxio.org/residentes.php?pg=1

gatos http://www.refuxio.org/gatos.php

extraviados http://www.refuxio.org/extraviados.php

pero, se aínda non a vés aquí, sempre é recomendable chamar ó refuxio, e que avisen ó laceiro

No hay comentarios: