No Refuxio tamén é Nadal. O vindeiro sábado 19 de decembro, ás catro da tarde terá lugar na Praza Roxa compostelá unha xuntanza de voluntarios da, e os máis importantes ao fin e ao cabo, unha decena de animais residentes nesta institución. Aí, poderase obter información sobre a importancia da esterilización e identificación das mascotas, xeitos de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais en diferentes ámbitos: voluntariado, apadriñamentos, doazóns, etc. Tamén haberá venda de camisetas, calendarios e máis material sempre relacionado cos nosos amigos de catro patas, fondos que irán destinados a que estes fieis compañeiros, poidan pasar un Nadal un pouco mellor. Incluso algúns poderán saír de aí co seu can, xa que haberá animais coa maleta feita por se tivesen a sorte de atopar unha familia que os adopten. O fin desta iniciativa é de concienciar á xente da problemática do abandono dos animais, das responsabilidades que leva a súa tenza, e que ós que as comprendan e acepten, pensen na adopción, en lugar da compra de animais. Cada ano entran nas instalacións desta Fundación, máis de mil animais abandonados ou extraviados, cans, gatos e outros como cobaias e existen moitas maneiras de poder axudalos. Achégate a coñecelos e fai QUE PARA OS ANIMAIS DO REFUXIO TAMÉN SEXA NADAL.
jueves, 17 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Moi boa a fotografía!!
Publicar un comentario