martes, 1 de septiembre de 2009

EN PADRON INCUMPLEN A LEI DE PROTECCION ANIMAL

O pasado sábado 29 de agosto, unha voluntaria do refuxio de animais atopa nun monte de Padrón unha manada de cinco cans en moi mal estado físico, moi delgados e cheos de parásitos.
Nese momento aparece polo monte un Garda pertencente á Consellaría de Medio Rural, quen di que xa tiña coñecemento da presenza dos cans no monte, pero polo que se ve, non fai nada ao respecto.
Algunhas persoas que se atopan pola zona, din que é bastante habitual o abandono de animais nesa zona, e explican que hai máis cans que os que nese momento están alí. A voluntaria do refuxio atende perplexa ás distintas explicacións que se lle dan, sen chegar a comprender como é posíbel que, tanto persoal da administración, como xente que coñece á existencia dun delito, non faga nada e permita que a situación se manteña. Vendo que non vai ter axuda por parte do Garda, chama ao 112, onde lle confirman que o concello de Padrón non ten centro de recollida, nin convenio coa administración, nin con ningunha asociación de protección animal, é dicir, o concello de Padrón incumpre a lei 1/93 de protección animal , co cal, unha vez máis, como é moi habitual no noso país, non vai atopar ningunha solución da admistración.
Como sempre, son os membros das asociacións animalistas e as persoas preocupadas polos animais as que teñen que buscar solucións puntuais ante os numerosísimos casos de maltrato e abandono que acontecen diariamente mentres ás persoas que escollemos para resolver os nosos problemas do día ao día, non teñen tempo para facer cumprir a lexislación.
O 29 de agosto só un can consigue ser rescatado pola voluntaria, unha cadeliña moi delgada e enferma, que se atopa na súa casa neste momento, onde agardamos se recupere moi pronto para poder atoparlle o fogar que merece. Os seus compañeiros non tiveron tanta sorte, e seguen no monte de Padrón, onde posíbelmente ficarán ate a súa morte ante a desidia de quen ten o deber de velar polo seu benestar.
Desde Abeiro, anunciamos que denunciaremos ao concello de Padrón ante o Seprona, e que acudiremos ao Valedor do Pobo para que se dirixa ao Concello de Padrón e explique así porque incumpre a lei.
Susana Romero
Presidenta da Asociación Pola Protección animal Abeiro

6 comentarios:

xosemaría dijo...

Debe ser que gastaron tódolos cartos para a defensa dos animais en subvencionar as touradas nesta localidade, ou as carreiras de burros...País!

Anónimo dijo...

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/acusan-concello-padron-incumplir-ley-defensa-animales/idEdicion-2009-09-01/idNoticia-463032/

os deixo o enlace da publicación no correo, para que vexades a hipocresía desta xente!! e mentres, 3 animais colgando dun fío!!! estou chamando ao "Sr." Alcalde para que me diga que vai facer cos seus animais (que de momento están na miña casa) dado que SI presta este servizo. HIPÓCRITAS, DESALMADOS, INFAMES!!!!! Só me gustaría saber o presuposto anual que teñen para ter petunias nas rotondas! MALNACIDOS! se os animais votasen, sería outro cantar.
Kelly

aniball dijo...

Este Concello coma tantos outros, pasan desta Lei, non temos mais que lembrarnos do que pasou co caso de Antón, ese can da Baña que dous empregados dese Concello quixeron matalo cunha escopeta de caza, e non pasou nada. E para mais cachodeo o Alcalde nas declaracións ao Seprona, xustifica a presenza da escopeta no lugar dos feitos, parece ser que era para denfenderse. Días mais tarde volve a incumplir dita Lei, sorteando un can de caza o día da festa da filloa nese municipio, intervindo neste acto o Seprona, que abordou o sorteo. Despois de todo isto, NON PASA NADA.
http://www.blogger.com/feeds/4930148097899442400/posts/default

Hola!!! Esta tarde-noite no telexornal das 20.00 sae a noticia de todo este feito e unha breve entrevista que me fixeron... na que por certo, fago alusión ó feito que ti comentas Anibal, o que non sei é se o van omitir porque tan só nos conceden 2 minutos de espazo. Particularmente, animo a todos a denunciar estos feitos... non se ven resultados inmediatos, pero entre todos... algún día... quero pensar que se conseguirá...
Por certo, tiven xa a desexada conversación co Sr. Alcalde, persoa que con moi pouca educación, me acabou colgando o telefono. Xa que na nota de prensa di que non existe dito problema, pedinlle que me dese solución para estes 3 cans que están baixo a miña responsabilidade e a resposta foi que non da o presuposto e que as protectoras ás que remite ás persoas preocupadas polo tema non queren facerse cargo dos animais: como ven dicia Jose Mari, hay diñeiro público para diversión dos borregos montados en burra e para os valentes osados que se "xogan" a vida de tu a tu diante dun animal aterrorizado para demostrar a hombría da que non están tan seguros.
Kelly