Nut, unha cadela adoptada, campiona estatal de Agility en grao II Nut do Club Agilcan de San Martín de la Vega (Madrid) obtivo uns excelentes resultados na proba de Agility organizada polo Club Agility Compostela os días 19 e 20 de setembro en Santiago. Cómpre saliantar que Nut é unha cadela abandonada e grazas á súa guía Mónica que a adoptou, non soamente ten unha vida digna, senón que ademáis é toda unha campiona. Despois da proba de Santiago, na que quedou clasificada en primeiro lugar o sábado, día 19, e en segundo lugar o domingo, día 20, é a campiona estatal na categoría Estándar (cans grandes) da Liga da Unión de Clubs de Agility. Na mesma categoría, Luna, do Club Agility Compostela, finalizou terceira da clasificación estatal. Os nosos parabéns ás dúas campionas!! Máis información da proba en http://www.agilitycompostela.com/
lunes, 28 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario