lunes, 29 de junio de 2009

Matanza en Sarria

Hoxe, 28 de xuño de 2009 volvemos de Sarria, onde estivemos con xente desa localidade que nos convidou a concentrarnos para protestar pola celebración dunha mal chamada "festa"; persoas xenerosas e desprendidas ás que lles importa á vida de seres indefensos que até hai unhas horas estaban vivos ...Alí, concentrad@s diante da praza móbil na vila de Sarria, contemplamos o paso de mulleres e homes, nenas e nenos que ían colocándose en distintos lugares da praza desde onde ter unha boa perspectiva da matanza. Como alguén pode acudir de maneira voluntaria a ver como sufre un ser vivo a máis terríbel das torturas? A nós non nos fai falla que nos describan o que sufre un touro; nós tamén somos mamíferos, e podemos imaxinar a dor terríbel que sufren mentres lle clavan todo tipo de instrumentos de tortura até a estocada final. A nós, que nos importan todos os animais, que convivimos con eles, e que loitamos polos seus dereitos, non nos teñen que explicar que os touros son hervíboros e, como tales, son sempre a presa, nunca o depredador, polo que o seu comportamento é de fuxir ante o perigo, por iso imaxinamos o terror tremendo que sinten cando son obrigados con paos a entrar nunha praza circular sen recunchos onde esconderse, e onde son golpeados, acoitelados e asasinados sen ter opcións a escapar.É certo que cada vez somos máis, e que venceremos e convenceremos ao final do camiño, pero iso non é suficiente un día coma hoxe, pois mentres voltamos a casa en silencio sabemos que non fomos quen de impedir que seis animais fosen asasinados mentres un grupo de xente disfrutou e aplaudiu aos seus verdugos.
Susana

O noso amigo nachete mandanos esta carta....

SE VOS PARECE PODEDES ACHEGAR A VOSA REPULSA POLA MATANZA E TORTURAS ACONTECIDAS ONTE NA OUTARELA DE SARRIA AOS SEGUINTES ENDEREZOS:
concellodesarria@concellodesarria.net
alcaldia@concellodesarria.net
turismo@concellodesarria.net
cultura@concellodesarria.net
mambiente@concellodesarria.net
OU POR CORREO ORDINARIO:
CONCELLO DE SARRIAC/ Maior nº 14 Sarria (Lugo) 27600
Achégovos un exemplo que vou mandar eu. Se queredes podedes copialo e pegalo cambiando a sinatura, pero o ideal é que, se tedes tempo, escribades a vosa propia condena:
Moi señor meu:
Diante dos repugnantes feitos acontecidos no día de onte na vila de Sarria, realizados co amparo e a licencia desta corporación, gostaría de expresarlle a miña máis enérxica repulsa, así como solicitar se vaian tomando as oportunas medidas para evitalos no futuro.Convertir a tortura e o maltrato a un ser vivo que sufre, nun espectáculo, só pode ser pretensión dunha intelixencia ofuscada e insensíbel. Que unha institución, coma o Concello de Sarria, non só consinta, senón que mesmo conceda a licencia para a realización de semellante barbaridade, en pleno século XXI, só pode xenerar en nós unha absoluta desconfianza canto a dignidade moral de quen nos goberna.As institucións deben favorecer o civismo (como moi ben apuntan os numerosos cartaces que decoran as rúas da vila) e non salvaxes tradicións.Quero ademáis participarlle a certeza de que este tipo de aberracións só poden prexudicar a imaxe dunha vila tan bonita como Sarria, confundíndoa coa baixeza moral, o paletismo e a ignorancia coa que a absoluta maioría da nosa sociedade identifica as matanzas públicas de touros e os seus afecionados. Lonxe de actuar coma un reclamo turístico, estas torturas animais difunden unha moi mala imaxe de Sarria e actúan máis ben coma un elemento disuasorio para xente con sensibilidade que quixera compartir con vostedes as súas festas.Por último, debo participarlle que, nese lamentábel espetÁculo realizado onte, foi violada a legalidade vixente diante da pasividade dos axentes da Policía Municipal e da Garda Civil, que observaron impasíbeis como numerosos menores de idade, e mesmo cativos de moi curta idade, poideron entrar nese ignominioso recinto. Recinto onde, por certo, non se cumprían as condicións mínimas de seguridade para calquera acto público (cabalos galopando diante da xente, mesmo dos nenos; camións maniobrando en medio da multitude etc).Coa confianza de que o seu sentido da responsabilidade disporá os medios para evitar estas desafortunadas barbaridades nun futuro cercano, quedo atentamente á espera da súa resposta.
IGNACIO MATO.34979380Z.

8 comentarios:

Ollo ó can! dijo...

ainda así,sodes a esperanza de moitos máis...

vir dijo...

impotencia, ese é o sentimento, neste caso, que reflicte máis e mellor o que pasa nestes casos.

impotencia, e ver que un non é capaz de evitar semellante apuñalamento, maltrato... dos animais, e dos dereitos dos animais, e do respecto polos demais...

merda, só podo dicir, merda!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

agora mesmiño estou reenviando...

vir dijo...

ás veces non se está na parte de fóra, nin dentro, onde te sitúas ti????? a repulsa cara uns feitos tan BRUTAIS, non ten, moitas veces que amosarse alí, moitas veces non se pode ir, moitas veces non se soubo... pero si que axuda á concienciación da xente, e se tes unha oportunidade, rexeita esa violencia, cun NON ÁS TOURADAS.

poñamos un exemplo, se sae un comentario racista, e dis "eu non son racista", aí van os lurpias a dicirche e darche un sin fín de exemplos e situacións para sacarche das casillas... aló vai... se ti soltas "eu son anti racista", e mesmo engades, "mellor vou esquecer ou vou facer que non oín o que dixeches", ISO, XA NON LEVA a discusións (a min non), (tamén debe ser pola cara que poño, ji, ji, ji) pero o que si, non deixa lugar a dúbidas que por aí mellor que non siga.

ou sexa, todos e todas aqueles que xustifiquen un feito de violencia con calquera artimaña, ou un feito de coidar o medio, ou de mediar nun conflito, ou "para que reciclar", ou isto ou aquilo... eu o teño claro "eu reciclo", eu si.

Anónimo dijo...

Gracias por nos representar a tod@s os que de algunha .
maneira apoiamos esta causa

vir dijo...

graciñas a ti... por estar aí... por pasar por aquí e votar unha ollada... por deixar unha pegada nesta pax...

e graciñas a todos e todas aqueles que se "parten o lombo" nestas cousas, sexa físicamente ou non.

eu, como sei que hai MOITO de todo, xente boa, xente menos boa, xente daquela maneira... eu o teño moi claro... EU, POLOS QUE PAGA A PENA, non deixo de loitar... eu négome!!!!!!!!

e ti, en que lugar te sitúas ti??

vir dijo...

CARTA DE PROTESTA SOBRE AS TOURADAS EN SARRIA DO 28-06-09

GALICIA SEN TOURADAS, NON Ó MALTRATO, NON Á VIOLENCIA, NON A ESTE ENGAÑO, ISTO NON É TRADICIÓN.

Eu sempre pensei e tiña a Sarria en mentes famosa polos seus mobles… que por certo, queda, para min, manchada coas matanzas de touros á vista de maiores e nenos e nenas, que van inculcados nunha tradición noxenta... dáme noxo como se pode mirar para o outro lado: cultura (ver matar un animal), medioambiente????, turismo, comercio... a policía...

Ninguén fixo ren por evitalo???

Esa xente sabe o que hai detrás??? sabe o que lle pasa ó touro e ó cabalo??? O toreiro queda como un heroe??? Para min é un completo asasino, cun milleiro de cómplices.

Un sentimento é a impotencia
Outro é a repulsa
Outro é a vergoña

Adxunto unha presentación que o explica, QUE LLE PASA Ó TOURO, E Ó CABALO

Unha tortura non pode quedar así

E ós que están loitando en contra desas barbaries, se lles chama de todo... “dan a nota, non”????

Pois SARRIA non queda atrás. DEU MOITO A NOTA. I eu farei todo o posible porque se saiba ata ben lonxe. AGORA BEN, Sarria fará todo o posible por ocultar, non digo o que. Agora queda nas vosas mans buscar unha solución, rápida, contundente, eficaz... agora ben, os touros non van volver, pero seguro que faredes oídos xordos sobre as reclamacións e repetiredes. Quero pensar que non.

Eu téñoo moi claro, por Sarria eu non paso, e se paso, non paro. Ames 30 de xuño 2009-06-30
Virginia D M DNI na carta enviada ó concello e reenviada... como non!!!

Anónimo dijo...

Manifestación Antitaurina en Negreira
Negreira (Galicia) - 11/07/2009 16:00

Convoca: Galicia, Mellor Sen Touradas

vir dijo...

por favor, que alguén consiga os correos do concello!!! eu sei que hai un sitio dálí que recolleas reclamacións,pero non sei onde o vin!!!

eu intentarei chamar a algún coñecido, pero vexo que teño moi pouco tempo!!!