sábado, 6 de junio de 2009

Axuda para Parga


Ola a todas e todos,antes de nada moitas grazas pola resposta para a acollida do gato de oito anos da Coruña. Dicirvos que está en acollida na Coruña, onde esperamos se poda reatopar pronto coa súa dona. Agora temos outro caso moi triste e urxente, unha gatiña chamada Parga, que foi recollida da rúa preñada e levada ao refuxio. Cando se castrou viuselle unha anomalía nun ril, e despois de facer unha analítica, unha insuficiencia renal. Ela é boísima e moi moi cariñosa´. As súas condicións de saúde non son boas para estar no refuxio, por iso precisa unha casa onde pasar o que lle quede de vida tranquila e en paz. O que ten non é contaxioso, polo que pode convivir perfectamente con outros animais. Grazas de novo pola vosa axuda. Unha aperta a tod@s.
Vir
-- Asociación Pola Protección Animal Abeiroasociacionabeiro@gmail.com

No hay comentarios: