jueves 19 de marzo de 2009

Banda


Outra historia con final feliz: Esta cadeliña chegou hai perto dun ano ao refuxio, abandonada por un membro dese modélico colectivo amante da natureza que pasa o seu tempo libre matando animais con armas de diverso tipo. Ela chegou aterrada, preñada e chea de parásitos e lesións. A persoa que a atopou dixo que a quería, pero cambiou de idea cando soubo que fora castrada (ao parecer tamén era membro do colectivo mencionado, e tiña moito interese nas posíbeis habilidades dos futuros cachorros). Un día, alguén moi diferente ao seu dono inicial apareceu polo refuxio. Acababa de sufrir a perda do seu anterior can, e prefiríu non ver todas as instalacións para non sufrir demasiado cos centos de animais que alí están.Falámoslle desta cadeliña; alí estaba, asustada nun rincón, e cunha ollada tan profunda e limpa que a decisión non foi moi difícil. Marchou ese mesmo día, e hoxe, chámase Banda en honor de todas e todos os que aínda siguen no refuxio agardando pola súa oportunidade, e como agradecemento a toda a xente que colaboramos alí. Evidentemente, o noso agradecemento vai para esta familia, e para familias como esa, que aínda que en clara minoría, son as que nos axudades a seguir adiante.
Por Susana

1 comentarios:

Eva dijo...

Sí, de vez en cuando aparecen adoptantes como estos que te alegran el día y que todos los voluntarios quisiéramos encontrar para nuestros "favoritos". Alguien así merecerían Madonna o Podenquita.
¿Alguien sabe algo de Peregrina?