miércoles, 22 de octubre de 2008

A discurrir...

Ola chicas/os, gustariame invitaros a que participaseis no blog mandando algún articulo relacionado cos cans e sobre todo co refuxio, dista maneira o blog estara sempre máis vivo grazas a vosa colaboración, asi que xa sabedes...A discurrir, calquera cousa que enriquezca e mellore a vida dos nosos amigos de catro patas sera ben recibida.

bicos

Miguel

14 comentarios:

Anónimo dijo...

moi boa idea!!!!

eu si quería poñer algo, pero non sei se te refires neste sitio, ou nun novo... eu quería poñer algunha cousiña, foto... pero non sei onde teño que picar!!??? uns pasiños me irían ben.
bicos. vir (seguro que está ben á vista)

Anónimo dijo...

Son unha defensora do refúxio e o traballo dos seus traballadores, e sobor de todo dos coperantes, de aqueles que son capaces de pasar o pouco tempo que teñen libre traballando duramente cuidando con tanto agarimo e tan poucos medios ós amimais, vendo como algún queda no camiño por falta de medios, levando a sua casa ós que están doentes, e adicarlles todavía algo mais dun tempo que non teñen. Os que non temos esa capacidade axudamos como podemos, que sempre é pouco. No meu caso tres das catro compañeiras de catro patas que teño na casa son collidas en bando. De verdade quero darvos as gracias a todos por ese tempo tan desinteresado que lle adicades ós que logo serán os nosos compañeiros de vivencias, as nosas amigas e queridas mascotas.

Anónimo dijo...

Non teño nada malo que dicir desta asociación máis si do Refuxio. A seman pasada a miña muller e máis eu chamamos para dar aviso dun canciño (con algo de sarna, cremos) que andivo dous días pola nosa rúa perdido. Ao chamar aos teléfonos (xa eran as 14 horas ) escoitamos unha mensaxe remitíndonos á policía local durante o horario de tarde. Estes non fixeron nin p... caso do tema do can remitíndonos de novo a chamar á mañá seguinte ao refuxio. Cómo é posible? Porque o convirten en refuxio comarcal sen dispoñer de servizo en horario de tarde? Por que a policía non está obrigada a actuar? Para que se fixeron convocatorias de postos de traballo nese sitio? É un bluff!! Eu teño na casa un can adoptado de aí, pero creo que ese sitio vai a peor. Agora si. (ao día seguinte o can xa non estaba)

Anónimo dijo...

Ola Santi,
o horario de atención ao público no refuxio é de 10.30 a 13.30 os sete días da semana. Fora dese horario non se atende á xente, pois entendemos é preciso para poder dar un mellor servizo aos animais que alí están (sacalos a pasear, cepillalos, estar cos cans e gatos residentes, etc). Para avisos urxentes de lacería no concello de Santiago, hai un servizo permanente, por iso o contestador remite á policía local, que é quen ten que avisar ao servizo veterinario de urxencia. Se como dis, no voso caso non o fixo, suxírovos que reclamedes á policía, que son os responsábeis de actuar neses casos, e non os traballadores do centro. Un saúdo

Anónimo dijo...

Santi, si tuvieses la oportunidad de ver cómo se trabaja en el refugio pensarías de otro modo. En todo caso, como dice Susana, el servicio de lacería en horario fuera de atención al público es algo que compete a la policía local que, como yo misma he comprobado, tal como dices, suele escaquearse del tema; no culpes al refugio, lo que haría falta es más personal y voluntarios.

Anónimo dijo...

Ola Susana e Eva, ben sei o entusiasmo co que se traballa alí, aínda así non podo darvos a razón en absoluto. Non culpo aos traballadores da situación senón ao concello por dar un servicio raquítico e pretender que sexa comarcal algo que non chega a cubrir axeitadamente co servizo local. Eu quero un refuxio mellor para os animais e non podo estar satisfeito co actual. Se a concellalía encargada non consegue un bo trato da policía local ten que esixilo con forza pero non se pode presumir, a día de hoxe, de deixar en atender animais porque pasan das 13:30 horas. Queredes que lle diga ao can que volva mañá??

Anónimo dijo...

ola!!! non me vou meter niso...

eu o que quero dicir... miguel, teño en mentes un artigo, que de seguro vai gustar moito (espero), e se o len e non escriben, penso escribir eu, ji, ji, ji!!!

vai de peques e animais... é unha voa forma de conciencialos... ó verse de protagonistas, sempre ven todo doutro xeito. xa che mandarei o artigo. espero vos guste.

bicos. vir

Anónimo dijo...

manda carallo, tantos anos vendo faltas de ortografía que se me colou boa con v... arre demo, isto nunca me ten pasado... se me pillan os meus alumnos...

Anónimo dijo...

Santi, eso no te lo discuto.

Anónimo dijo...

para santi. non sei de que concello eres. cando sexa así, que che dean o tfno do concello, ou de medioambiente xa directamente, teñen horario ata as 3, e eles se achegan, a brigada..., ou chaman ó lacero. o que si che pido é que nese caso teñas o can localizado, para que así cheguen e o recollan. sorte. e non desistas. só por ese can, fai algo. e cando chames ós municipais, sempre pregunta qué se pode facer, que eles che poden asesorar. incluso, nesta páxina, podes contactar con alguén, dicirlles a rúa, cómo é, quitarlle unha foto... eu que sei!! e cho publican, pero non pares. ese can, debe recibir un bo trato xa, antes de que o atropelen ou morra. valen as protestas, pero ante todo, actúa. porfa, faino por el.

Eva dijo...

Uhm, Vir, Santi tiene razón en lo de que la poli local se pasa el asunto perros por el forro. Al menos en Santiago

Anónimo dijo...

xa, iso non o dubido, nada de nada, pero está da súa man facer algo, chamar a medioambiente, ou pedir o tfno do lacero, ou algo.

o peor o levan os cans, desgraciadamente... dependen das nosas decisións.

un bico. vir.

Anónimo dijo...

ola!!!

quería opinar sobre o vídeo do can que salvou a outro!!!! poño o enlace ó final.

(por se non vos atrevedes a velo), non se ve nada que sexa demasiado forte, a parte, dos atropelos en masa dun can, supoño autovía, e que outro can o saca para o arcén. e claro, "seguro que o can que foi atropelado, non era abandonado", deixade que me ría.

eu, vou opinar, non me gusta YOUTUBE, pois se sube de todo, e procuro non entrar, a non ser casos moi concretos... explícome: non me gusta o morbo dalgunhas persoas, que suben vídeos ASQUEROSOS, pelexas, patadas a cans... e logo, menos me gusta, que outras persoas se DIVIRTAN diso. e como profesora, xa teño tocado este tema en clase, pois hai rapaces/as, que non saben, e non tan rapaces/as, que non queren saber, que é ilegal, ou eso creo, gravar e quitar fotos, a outras persoas sen o seu consentimento, e menos, publicalo. digo isto, pois este ano, tiven que chamarlle a atención a un alumno nunha excursión, por quitarlle fotos en plan mal, a unha rapaza, sen ela decatarse. eu como responsable, díxenlle que o borrase. etc. etc.

espero sirva para facer pensar!!!

http://www.youtube.com/watch?v=liQN05xkn94&feature=related

bicos. vir.

Anónimo dijo...

Si la policía funcionase bien, youtube sería una ayuda estupenda para pillar a maltratadores. Recuerda que a los asesinos de gatos de Cádiz los pillaron por colgar las fotos de su "cacería". Una vez vi en la tele que hay una sección específica de la policía que se dedica a este tipo de casos que se difunden por la web.