lunes, 27 de octubre de 2008

Anacos da miña vida

Coma can e gato...ou foi un dito que non reflexaba a realidade,ou moito cambiaron os

tempos,ji,ji,ji, xa lles gustaría levarse así a algúns

Milu, esta é a miña cadela, está un pelín celosa, pasouno ben mal ó primeiro, pero pouco a pouco... pa que digan que os cans son animais!!!, sofren igualiño que nós

e igual que sofren,tamen se divirten,aquí milu pegandose un pateo de cuidado!!por un camiño dos pocos que quedan polo Milladoiro.



vaia, non sei, mandei un comentario en cada unha, pero non sei... hai tanto por dicir. comezo: fai 2 años atopei unha cadela, milú, que sen esperalo metina na miña vida, quedeime con ela, chip, educación, paseos... pero realmente fun eu quen se meteu na súa, pois eles, os cans, os gatos..., depende con quen dean, van ter unha gran vida, ou unha tortura, pois están guiados polo ser humano, que moitas veces a súa intelixencia a utiliza daquela maneira. logo decidín ir por un rapaz ou rapaza, e velaí o resultado, ela, e o seu bibe son inseparables... nese transcurrir dos días apadriñei a poldro, do refuxio, a lena, da protectora de porriño, estiven uns días de voluntaria no refuxio, con barrigota, e tamén, a miña clase do curso pasado apadriñou a riga, tamén do refuxio, etc. non é para botarme flores, pois isto non é nada comparado co que fan os que día a día están con eles, o meu é un pequeno gran de area, pero estou moi contenta de poder poñelo. e ogallá os meus alumnos/as, e amigos/as poidan botarlle un ollo a este artigo, e que saiban que son tamén outro anaquiño da miña vida. con todo, fun medrando, en corazón, se entende, e espero isto faga medrar moito o corazón da xente, que fai boa falla.

Vir

5 comentarios:

Anónimo dijo...

http://aspap.freehostia.com/

ola!!! son vir de novo, e vos mando este enlace da protectora de porriño. alí puxen o desta páxina, a ver se así nos/vos ides coñecendo.

Anónimo dijo...

XENIAL!!!! lena está ben

ola de novo... en breve teño novas de lena (artigo xullo 08, picar á esquerda)... supoño que un día destes xa me contan todo, todo. por agora o que sei é que está moi ben.

miguel, hai posibilidade de poder colgar fotos na páxina??? ou nos comentarios???? eu que sei, moitas veces unha boa imaxe di moito máis que as palabras, e moitas veces non hai palabras para expresar algo...

bicos pa todos. vir.

Anónimo dijo...

recibín correo dunha amiga:


"Y de Lena no te puedo contar mucho, sé que está de maravilla porque siempre está acompañada, de Rosita, la otra perrita de Sandra y alguna semana que otra de cachorritos, porque Sandra también los tiene acogidos. La sigue sacando a pasear una hora al día, suele ir de 2 a 3 porque hay menos gente por el paseo que está al lado del río, es que ¡es terrible!, se pone toda eléctrica al ver a los demás perros y corre que no para".

xa vedes, xenial, xenial, xenial!!!

Anónimo dijo...

ola!!!
mándovos, outra vez, o enlace da protectora de porriño, http://aspap.freehostia.com/ na que aparece "lena", a cadela da que tanto vos falei, picades en nuestros animales, e logo na foto de lena

tamén no mesmo enlace http://aspap.freehostia.com/ picar en mi mascota y yo ou ir directamente a http://aspap.freehostia.com/spip.php?rubrique5

......................................e neste último, aparezo con milú...

a ver, botádelle unha ollada, que non ten perda!!!

..........e está posto o enlace de "ollo ó can"


bicos. vir.

vir dijo...

ola!!! de novo, a 24 maio 2009, quero darvos unha nova... milú, a cadela que aparece nas 2 últimas fotos, está "de cumple"... 3 aniños

e neste anaco de tempo, que pasa nun plis, milú está do máis contenta. agora ben, levoulle o seu madurar... pero o que non deixa é de ser moi xoguetona

biquiños