jueves, 11 de septiembre de 2008

Bedankt Arianne, bedankt Suzanne!



Arianne e Suzanne chegaron ao refuxio procedentes de Holanda tras unha pausa duns días en Asturias axudando a “Proyecto Darko” Estiveron dez días en Santiago con nós, o suficiente para decatarnos da súa xenerosidade e compromiso. Traballaron todos os días axudando no quirófano, desparasitando, vacinando, e observando todo coa súa ollada curiosa e intelixente. Nós preguntábamoslles que pensaban dun país como o noso mentres examinaban un recén chegado can, cego, que se deixaba explorar sen queixarse, e atopaban perdigóns aloxados nos seus ollos que xamais volverán ver, ou mentres desparasitaban unha cadeliña aterrada, chea de pulgas e carrachos, ou mentres escoitaban as nosas historias para non durmir de tantos e tantos casos de maltrato que nos chegan mensualmente. Elas, prudentes e cautas, só escoitaban e sacaban fotos, seguramente para contar aos seus colegas veterinarios holandeses que hai un lugar chamado Galiza onde os seres humanos enterran e afogan as crías das súas cadelas e gatas cando nacen, onde os cans e gatos son tratados como obxectos sen dereitos, e abandonados cando xa non fan gracia ou aburren, onde os nenos se divirten disparando con escopetas de balotes, privando a moitos seres da súa vida ou deixándoos mutilados para sempre, e onde moitos cans viven encadeados cumplindo cadea perpetua até a súa morte.

Pero non todo foi negativo, tamén viron que hai persoas que queremos cambiar esta realidade, e que queremos que estas situacións saian á luz para a vergoña da nosa sociedade.

Arianne e Suzanne foron as primeiras en chegar. Futuros cooperantes holandeses e holandesas virán no futuro ao Refuxio, onde por suposto serán recibidos coas portas abertas.

Susana

1 comentario:

Soñadora dijo...

Tengo veinte años y estudio en Santiago de Compostela. Me gustaría saber cómo podría colaborar con esta asociación, si es posible. Me gustaría recibir una respuesta en mi correo, que es pink_bubble_girl@hotmail.com. Un saludo y ánimo.