sábado, 27 de septiembre de 2008

Ata sempre Esther...

Rematou a miña etapa de voluntaria no Refuxio de animais de Bando.

Todo comezou fai máis de tres anos. Unha gatiña da rúa enferma, unha tarde de chuvia, un longo percorrido ata un sitio que acababa de abrir as portas...

Houbo tarde nubradas: as carrachas, as pulgas, ... tardes de chuvia: os famentos, os lesionados, ... tardes de temporal: os disparados, aquél que inaugurou o ano coa súa morte a machetazos, os tirados o contedor, completamente desnutridos, por considerar que xa estaban mortos, os atropelados coa súa insoportable dor reflectida nos ollos...

Tamén houbo tardes de tímido sol: a constatación do aumento da incipiente concienciación, as adopcións, aquela tarde en que unha “pija” dixo que se quería levar a dous cans, e aclarou: “dous que non teñan posibilidades de adopción”, compartir tardes con xentes que preferían pasar alí horas, despois do seu traballo.

Nunca houbo tardes de brillante sol. E imposible en medio de tanta historia triste, de tantos dramáticos abandonos.

Nunca poderei esquecer a Madona, nin a Medos, nin a Pepiño, nin a Pintitos, nin a Podenquita, nin a Suni, nin a Peregrina, .... a lista sería interminable. A súa alegría, os seus lametazos, ¡Eso sí que é o máis desinteresados dos amores!.

Para min fue un autentico privilexio coñecer a Ana, Andrés, Araceli, Carlos, Eva, Fernando, Isabel, Jorge, Juan, Lorena, Marina, Marta, Marta, Olalla, Paloma, Susana, Xosé... esquecerei algún nome, nunca, aínda que vivise mil años, me esquecerei de vos.

Onte deixei unha nota a Paloma no ordenador para despedirme, abracei por última vez a Madona, Podenquita, Pintos e Lumbo, en representación de todos. Recompúxenme e pedinlle a Eva que viñese cerrar a porta. Non me despedín dela. Non me despedín de ninguén, non podería manter o tipo. Eva cerrou a porta, eu subín ao coche e botei a chorar. aínda sigo. Deixo atrás a miña etapa de voluntaria no Refuxio de Animais de Bando. Unha das mellores etapas da miña vida. ¡Recibín tanto! ¡perdo tanto!

Por favor, xa que fun unha covarde e non o fixen debidamente, aceptádeme esta carta coma despedida. e permitídeme que repita unha frase dunha peli: “O mundo é máis interesante porque estades vos dentro del”. MOITISIMOS BICOS A TODOS.

Esther

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Estheriña, nunca digas adeus, porque eres un dos pilares do refuxio. Segues estando alí, e seguirás. Sempre con nós, iso xa o sabemos. Querémoste moitíiisimo, sobre todo eu, por aquelas pinzas de pelo tan bonitas que me puxeches un día. Un bico enorme. Bueno, centos de bicos, miles de bicos. Sunami.

Anónimo dijo...

Non sabía que podías usar o ordenador, Tsunami... Os cans do refuxio son listísimos, está claro (e iso que Su non ten pedigree!)
O privilexio é sempre para nós queridísima Esther: o teu sorriso mesmo nos momentos máis horríbeis (e xa sabes que deses hai moitos), a túa disposición absoluta a todo, a túa paciencia coa base de datos...
Su ten razón cando di que ti nunca te irás, porque ainda que o destino te leve para outros lares, aquí tes o teu sitio para sempre, e eu estou moi contenta e orgullosa de poder compartilo contigo. Millóns de bicos para ti, linda.

Miguel Muñiz dijo...

Hola esther , yo no te conozco pero leyendo tu carta se trasluce los momentos de cariño y tambien de impotencia que has pasado en el refugio, estoy seguro de que se recibe mas de lo que se da pero tb creo que ese cariño no lo puedes perder ya que forma parte de ti..

mucha suerte

miguel

Aníbal e Mª Xesús dijo...

Esther, somos dous voluntarios do Refuxio, anque non nos coñecemos encantounos a túa carta; para nada penses que eres unha cobarde, os cobardes son outros: eses que deixan os animais tirados sen mirar nin siquera para atrás. Non sabemos os motivos polos que te vas, pero creo que todos sentimos algunha vez esa impotencia, hai que ser moi forte para estar aí, por iso admiramos a Susana, Paloma, Ana, Lorena, Marta e moitos outros que coa sua fortaleza danlle un raio de esperanza a eses cans e gatos. . Quédate cos seus bicos e a súa mirada de agradecemento e pensa que os que xa non estan con nós estarán nalgún sitio moito mellor. Ogallá houbera moitas persoas coma ti. Bicos.

Anónimo dijo...

Esther, todos podemos entender cómo te sientes porque sentimos lo mismo al pensar que ya no estarás más delante de ese ordenador en el que dabas una identidad clara a cada uno de los animales que han pasado por el Refuxio. Sin ti hubieran sido imposibles muchos de los proyectos que se han ido llevando a cabo para mejorar nuestras vidas y, lo que es mucho más importante, la de ELLOS: todos esos que mencionas con nombre propio y que seguro que sintieron con ese último abrazo que algo pasaba. Porque, como dice Susana, los animales del Refuxio son muy listos y cuando quieren tanto como te quieren a ti saben que algo especial estaba pasando. Nos será imposible olvidarte, y esto no es una despedida es un "hasta luego"; volveremos a vernos para, como siempre, contar las mil y una historias que pasan cada día en este rinconcito del mundo donde viven juntas tantas almas en busca de hogar. Un millón de besos y todo nuestro cariño.

Anónimo dijo...

Hola Esther y hasta siempre
En nombre de todos los animales del refugio, nosotras (Mami y Pati) y nuestra dueña, Isabel, queremos darte las gracias por tu entrega generosa a lo largo de tres años. Los gatos del refugio nos han dicho que echarán de menos tu cariño y tus ricas latitas. Y también los perros te recordaremos ya que todos, absolutamente todos, hemos pasado por tu base de datos, es decir, por tus manos atentas y siempre dispuestas a colaborar.
Ven a vernos cuando puedas. Ya sabes que nosotros, los perros (a diferencia de lo que nuestra dueña nos cuenta sobre los humanos) nunca olvidamos a quien nos dio tanto afecto así que en nuestros corazones permanecerás para siempre, querida Esther.

Anónimo dijo...

ola!!! eu tampouco sei quen eres, pero sei moi ben do que falas, o que se da, e o moito que se recibe. eu estiven paseando os cans en xullo(só un mes), a punto de ter unha nena, e aínda que me dixeran que debía pensar en min, esa era unha forma de facelo, pois levaba moito tempo querendo ser voluntaria, e para min foi algo que non sei como describilo. sentinme como na casa, rodeada de cans, que máis que axudalos eu a eles me estaban dando moito máis eles a min. por iso. ánimo. e pensa no moito que fixeches. e por quen o fixeches. ánimo. eso sí que non é ser cobarde, para min é un orgullo que haxa xente coma ti, como todos vos. bicos. vir.

Ruth dijo...

Ola non te coñezo , pero pareceume moi bonita a tua carta, eu espero ser pronto unha voluntaria, e maña mesmo vou apradrinar un canciño, e espero pasar momentos tan emotivos cos animis. Un saludo

vir dijo...

ola ruth, son vir, se queres ser voluntaria tes omeu correo virdomar@yahoo.es, e podo darche o tfno dalgunha das voluntarias encargadas,e podo explicarche un pouco, ademais hai unha entrada no mes de setembro deste ano sobre voluntarios. podes ler os comentarios para ir vendo algo do que se fai.

un biquiño. vir.

Esther dijo...

Ruth, animote a que se tes posibilidade sexas voluntaria. Eu so podería repetir o que dixen tantas veces: foi unha das mellores etapas da miña vida.
Un biquiño moi grande