miércoles, 3 de septiembre de 2008

AMICO- IN MEMORIAM



Todas e todos coñecíamos a Amico, o seu gruñido caracterísitico cando facíamos algo que non lle gustaba, a súa olllada intensa cando escoitaba o son da caixa das lambetadas, e as ganas de mimos como todas e todos os demais compañeiros. Ultimamente Amico non se atopaba ben, perdera moito peso, non quería xogar, non tiña fame... Unha analítica non fixo máis que confirmar o que xa sospeitábamos. Era cuestión de días...

Hoxe, ao entrar no refuxio, Amico xa non estaba, e a súa ausencia enchía todo o recinto.

Por moito que todas e todos nós o saibamos, sigue sendo tremendamente duro comprobar a imposibilidade de salvalos a todos, e admitir que non atoparemos o cariño e a tranquilidade dun fogar estábel para cada un e unha dos que cada día chegan ás nosas portas é algo difícil de dixerir .

Amico chegou ao refuxio o 23 de febreiro do ano 2006, e onte, 2 de setembro de 2008 deixounos para sempre sen que poidésemos atoparlle un fogar. Por iso hoxe é difícil ser optimista.

Susana

4 comentarios:

Calítoe.:. dijo...

Unha mágoa. Se puidera, eu quedábame con todos. A ver se cando volte a España definitivamente podo pasarme algunha vez polo refuxio a dar algo de agarimo.
Apertas e ánimo.

Anónimo dijo...

QUE IMPOTENCIA!!! O CERTO E QUE XA SE VÍA VIR... PERO AÍNDA ASÍ, O ÚNICO QUE SE SINTE CANDO TE ENTERAS, É UN SENTIMENTO DE IMPOTENCIA E INCLUSO CULPA... NON SEI SE O PODEDES ENTENDER.
UNHA AUTENTICA MÁGOA.

KELLY

Anónimo dijo...

Pobre peque.

Miguel Muñiz dijo...

es verdad que aveces es muy dificil, triste,pero tb hay momentos de alegría ,de lambetadas,supongo que es como la vida ni debes regozijarte con las buenas noticias ni tampoco castigarte con las tristes,aceptar y seguir...siempre queda algo...de lo que queda y de lo que perdemos...
un beso susana y animo