QUERIDO MIGUEL:Non nos coñecemos, aínda que somos compañeiros de "fatiga": os dous somos voluntarios do Refuxio.Encantoume a túa páxina en internet. Cheguei a ela a través da páxina de Abeiro. Ten razón Eviña: as túas fotos son moi boas, so hai unha pega: non está o meu can, MEDOS, a lo menos non está cunha historia bonita, que sería a que el merecería.Eu coñecín a Medos cando chegou atropelado. Pobre, parecía un trapiño, alí tirado nunha esquina, cunha dor que imaxino insoportable, tapándose os ollos cunha patiña, imaxino que pensando "non quero saber nada máis deste mundo asqueroso...", e co incordio de Suni (Tsunami, a cadeliña negra de Marta), cunha pata enxesada saltando continuamente enriba del, e el sen dicir nin mu.¡Pobres canciños abandoados!: atropelados, golpeados, esquencidos. ¡Pobres bichos que para algúns non teñen sentimentos, non sofren, non son máis ca obxectos. ¡Pobres os que así o pensan, que on disfrutarán nunca do máis desinteresado dos amores!Tamén lin o comentario que fixo un cazador "anónimo" ¿por qué anónimo?, que demostra "unha profunda ignorancia e atrevemento" en relación co mundo dos cazadores, sobre todo cando di que falamos de oídas.Realmente non quixera ser "borde", pero, sinceramente, penso que este señor vive nos mundos de Yupi. E commo xa dixen que non quero ser borde, so me gustaría que viñese ao Refuxio, non de visita, encantaríame que, xa que dí que ten tanto amor polos animais, viñese de voluntario só, por exemplo, dous días a semana, unhas dúas horiñas, (TODOS OS VOLUNTARIOS DE BANDO TRABALLAMOS, E ALGÚNS VIVEN BEN LONXE), durante un mes, e vise o "de oídas que falamos". É posible que, a pesar da experiencia que di que ten, descubrise un mundo distinto: o do verdadeiro amor aos animais, a entrega dalgúns, e o que fan outros....E ímolo deixar ahí. O resto xa o dixo a miña querida Susana.Bicos mil.
ESHER BARREIRO NOGUEIRA.
lunes, 7 de julio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Ola Esther, estou seguro que Medos merece unha foto millor pero de momento non teño outra.Quería darche as gracias pola tua carta,encantoume leer na tua carta sentimentos que eu teño cando estou no refuxio, dinme conta de que o refuxio non é so para eles, calquera que este ali rodeado do cariño destes maravillosos canciños sintese arropado, protexido e daste conta do verdadeiro sentido das cousas.
En fin... gracias de novo por compartir con nos os teus sentimentos
bicos
ola Esther,
é incríbel que nos teñamos que comunicar a través do blog...hai que organizar unha merenda antes de que a xente se perda neste verán que non quere dar chegado. Tsunami marchou e o seu amigo Medos quedou sen ela, e ben que a botou de menos, aínda que ela non parase de saltar enriba del...A ver se alguén se anima a adoptalo, que xa leva tres anos no refuxio. Toda unha vida!!!!Moitos bicos a ti tamén
Ola Esther!
Medos é un can moi particular, quere tanto a túa atnción que te mordisquea o borde da camiseta, non sabe relacionarse moi ben con outros cans, parece ser que non tivo familia perruna, e non aprendeu... pero é moi simpático, e moi guapo! a todos lles sorprende que ninguén o adoptara aínda..
Miguel, canta razón tes, cada vez que subo...e vexo que aínda co mal que o deben estar pasando..alí encerradiños, e tan soíños...e o agarimosos que son, e o contentos que están cando saen a dar unha voltiña, provócanlle a unha sentimentos encontrados...tanta pena que te doe o corazón, e a vez tanto cariño, tanto agradecemento, tanta tenrura, o velos tan contentos cando alguén lles fai un chisco de caso...
ola!!!
eu xa o coñecín o mércores pasado, e onte que choveu tanto estíveno cepillando. faime gracia, costoulle achegarse, outros malamente lles pasas o cepillo unha vez e saen disparados, agora ben, odi, creo que se chama, un can marrón café con leite, chupou cepillo, e cando se achegaba outro, alí se poñía el, pegadiño a min...
bicos. vir.
ah!!! e lobita, tamén levou o seu mini cepillado, ji, ji, ji...
vir
ola!!!!
hoxe vin a dous cans aquí no milla que viñeron do refuxio, lilo e peluxo. (non sei cómo se chamaban antes), están moi ben. xa fai que non os vía e a miña cadela estaba moi emocionada... co que lle gusta xogar!!! e durmir, e comer...
bicos. vir.
Vexamos: ¿non sería posible enviar só comentarios interesantes, trascendentes, consistentes, etc.? Todos, creo eu, temos mais ou menos os mesmos intereses: o benestar dos animais. Fagamos unha alianza de civilizacións e evitemos discusions, malos rollos e chorradas, que o único que fan e dar a impresión de que nin nos mesmos nos entendemos, cando en realidade esto no é en absoluto así.
Publicar un comentario