martes, 8 de abril de 2008

Lucas














Lucas é un can moi bonito. Ten 6 anos. É doce, cariñoso e moi leal. Apareceu preto do refuxio. Deberon de facerlle dano, xa que ó principio estaba moi asustado, pero pouco a pouco foi collendo confianza. Necesita de alguén que lle dea moito cariño. Un baño e un bo cepillado e parece outro... Aínda mais lindo...

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Dicir que "os cans de caza son abandoados polos cazadores cando remata a temporada, ou se perden o olfato, ou cando xa son adultos, ou cousas peores...", ou que "todos os cans de caza teñen historias tristes", denota unha profunda ignorancia e atrevemento. Hai 33 anos que son cazador e nunca vin semellantes feitos.
Sí que fun testigo de cans que durante a xornada de caza se perderon do amo, especialmente cando cazan en monte alleo para eles e lonxe da súa casa, e vin como foron buscados desesperadamente ata durante meses polo dono.
Tamén ocorre que cans de caza son roubados e en moitos casos acaban escapando dos seus captores e perdidos por aí adiante.
A caza ben entendida é unha conxunción entre can e cazador baseada no cariño mutuo, e non creo que haxa can mais feliz que un de caza co seu amo no monte.
Por favor, se coñece algún caso DENÚNCIEO. Ainda que estou completamente seguro de que fala de oidas, e xa está ben que se demonice ó cazador sen ter idea do tema.
Un saúdo dun cazador con cinco cans que son os seus mellores amigos, aínda que algún non cace ben.

Miguel Muñiz dijo...

Así como no cre0 que todos los cazadores sean demonios tampoco creo que todos sean como tú, tengo en mi mano un articulo con fotos sobre el ajusticiamiento de un perro de caza por parte de dos cazadores,tb he sido testigo de perros de caza encerrados al sol en sus transportes infimos para tantos perros mientras sus dueños estaban comiendo en un restaurante, lo cual no indica como tú bien dices que todos los cazadores sean así, pero el hecho de que acabada la temporada el refugio de perros incremente sus inquilinos notablemente no es una buena señal,porque aunque los perdiesen... porqué muchos no vienen a buscarlos? de todas formas agradezco tu aportación sobre una visión del cazador para mi desconocida, me alegro que tb exista ese lado humano...
un saludo

Miguel

susana dijo...

En Abeiro temos que aceptar que exista a caza, aínda que non nos guste nen a entendamos, e loitemos para que un día se prohiba. Pensamos que é tremendamente cruel que haxa xente que disfrute matando animais, sendo unha auténtica incoherencia que diga ao mesmo tempo que é un defensor dos dereitos dos mesmos (non hai animais de primeira nin de segunda; non ten por que ter máis dereitos un can que un coello ou unha perdiz).
A realidade é que a maioría dos cans do refuxio son de caza, ou cruces, e que moitos cazadores veñen ao mesmo a “desfacerse deles” (usando unha expresión moi escoitada ) porque “xa vai vello”, “xa non caza”, “teño máis”, etc... Por moitos casos de maltrato e abandono temos posto moitas denuncias, onde tamén se atopan cazadores.
Os meus cans tamén disfrutan moito conmigo no monte, e nunca vou con escopeta nen matando nengún ser vivo. Anímote a que disfrutes da natureza desa maneira, verás como eles son igualmente felices ao teu carón, e non causarás sufrimento nin dor en ningún ser inocente. Un saúdo para ti tamén.

Anónimo dijo...

Pues usted dirá que los cazadores en su mayor parte no se "deshacen" de sus perros, pero me parece que aquí no hay más ciego que el que no quiere ver, y no tiene más que pasarse después de la temporada de caza por unas cuantas perreras y protectoras para comprebar lo evidente. Eso sin hablar ya de todos los galgos ahorcados por el Sur y no tan Sur.

Anónimo dijo...

eu teño unha cadela, é un cruce, de cazador fixo, e foi abandonada cando tiña 2 meses diante dunha gardería. e o de ser abandonada, díxomo unha ambulancia que acababa de velo.

atopeina en xullo fai 2 anos.

eu vou con ela moito polo río e polo monte, e tampouco vou con escopeta.

Anónimo dijo...

O cazador “anónimo” ¿por qué anónimo?, que demostramos “unha profunda ignorancia e atrevemento” en relación co mundo dos cazadores cando di que falamos de oídas.

Realmente non quixera ser “borde” pero sinceramente penso que este señor vive nos mundos de Yupi. E como xa dixen que non quero ser borde, so me gustaría que viñese ao Refuxio, non de visita, encantaríame que, xa que dí que ten tanto amor polos animais, viñese de voluntario só, por exemplo, dous días a semana, unhas dúas horiñas, (TODOS OS VOLUNTARIOS DE BANDO, TRABALLAMOS, ALGUNS VIVEN BEN LONXE), durante un mes, e vise o “de oídas que falamos”. E posible que, a pesar da experiencia que di que ten, descubrise un mundo distinto: o do verdadeiro amor aos animais, a entrega dalgúns e o que fan outros.

... E ímolo deixar ai. O resto xa o dixo a miña querida Susana.

ESTHER

Anónimo dijo...

Ayer me llegó un mail sobre unos podencos que habían rescatado unas señoras de un zulo. Se los robaron de la finca en la que los tenían mientras les buscaban casas (¿para qué querría alguien robar unos podencos?), pero por suerte gracias al Seprona los rescataron de nuevo y ahora están felices en hogares franceses. Ah, ¿sabe este cazador anónimo algo sobre las raleas que se alquilan por temporadas y las condiciones de vida en las que las mantienen? Debería informarse un poco más. Aunque, no sé por qué, tengo la sensación de que este señor se ha limitado muy digno él a hacer el primer comentario tildando de ignorantes a los demás y, para tranquilidad propia, no ha vuelto a este blog a comprbar las reacciones a su opinión.

Anónimo dijo...

felicidades por las fotos...de verdad... que cosa más bonita, lo haceis con mucho cariño y eso se transmite al entrar aquí. gracias por existir

Anónimo dijo...

Hola. No son raleas los grupos de perros de caza que se alquilan como si fuesen una cosa. Se llaman rehalas. Perdón por el lapsus, no es que no conociese la palabra, que la conozco de sobra, digamos que al pensar en cazador me vino a la mente otra palabra.

susana dijo...

Lucas foi adoptado. Moitas grazas a Sonia, que tamén adopta a Greca, e ten apadriñados a catro cans do refuxio. Grazas por darlle unha oportunidade a un can que leva desde o ano 2005 no refuxio, e que deixou de ser invísibel aos teus ollos.

vir dijo...

que ben!! sorte que haxa xente coma vos. un bico

vir dijo...

habela, haina... o caso é dar con ela.

Anónimo dijo...

Boas!!!
teño que decir que me pareceu unha formidable persoa e que o primeiro que fixo ó chegar ó refuxio foi preguntar por Mirta coa intención de levala para a casa... mágoa que non chegou a tempo...
Cando soupo que xa non era posible, o que fixo foi preguntarme que outro animal maior ou enfermo precisaba máis dun fogar, aínda que fose para pasar os últimos momentos da súa vida. Alégrome que se decidise por Lucas!!! Isto é o que reconforta aos voluntarios, saber que hai xente así.
Kelly

vir dijo...

falta poñer que está adoptaoooooo!!!!!!!