martes, 22 de mayo de 2012

Grisi, en adopción no Refuxio de Bando




Esta preciosidade de grandes ollos verdes xa leva máis dun ano no Refuxio de Bando agardando a súa oportunidade de ser feliz. É bastante tímida pero gústalle a xente, e moito máis se hai unha lambetada de por medio. Non se deixa coller pero tampouco responde con agresividade ós agarimos. Moi tranquiliña, lévase perfectamente cos seus compañeiros felinos.
Ideal para un adoptante con experiencia con gatos, alguén que saiba gañarse a súa confianza. Nun piso, con alguén que teña un mínimo de paciencia, Grisi convertiríase nunha gatiña agarimosa en pouco tempo.







Se estás interesad@ en acoller ou adoptar a Grisi, podes poñerte en contacto con nós a través do seguinte enderezo: voluntariado.bando@gmail.com ou pasarte directamente polo Refuxio. 

Olalla

No hay comentarios: