Unha vez máis, e como vén sendo habitual, o vindeiro sábado 14 os voluntarios do Refuxio de Bando estarán na Praza de Galicia acompañados por varios amigos de catro patas dispostos a marchar para un novo fogar. As persoas que se acheguen ata o seu posto informativo poderán mercar camisetas e calendarios do refuxio, apadriñar un dos residentes de Bando ou facerse socios do refuxio.
Nesta ocasión o horario será de 11:30 a 19:30.
martes, 10 de abril de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario