as 3 fotos son das gatiñas chuska e puska
moi moi urxente
chuska vai comendo,
pero puska está deixándose morrer, non come, e pasa o día agochada
Estas dúas gatiñas vivían cunha persoa maior e como xa non podía seguir facéndose cargo delas tiveron que subilas ao Refuxio.
Saben o que é ter un fogar, unha camiña quente e alguén que che dea cariño, así que o están pasando realmente mal.
Chuska está moi triste pero polo menos come, en cambio Puska estase deixando morrer. Pasa os días agochada nun transportín e de alí non quere saír, nin sequera para comer. Son moi tranquilas e cariñosas e precisan encontrar un novo fogar ou unha casa de acollida canto antes, xuntas ou por separado.
Se queres darlle a oportunidade que merecen non tes máis que poñerte en contacto co Refuxio de Bando. Elas estarán moi agradecidas!!
Refuxio de Bando
Zarramacedo - San Marcos - Santiago
aberto de luns a domingo, menos martes e xoves
martes e xoves pechado,
festivos pechado
981 575957
646 492 835
www.refuxio.org
refuxio@refuxio.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario