domingo, 9 de mayo de 2010

Pensamentos dun can. Sentimentos.


Capítulo 1: O rabo de medos.

Estaba alí, de novo, ás escuras. Non oía un chío. Pero como can que son, mellor quieto!!! Segundo ía abrindo o día , fun vendo asombras, outros cans...os cans do meu canil. Aquí neste lugar fun ben recibido, comida e auga non me faltan, nin cariño. Pero o que vivín non se me esquece. O rabo o teño tan debaixo miña que non sei se sairá algún día. Os que me coidan fanme sentir ben, pero teño o medo tan dentro de min!!Como pode ser que aqueles que me querían, me levaban de paseo, sen esperalo, me deixasen no medio do monte. Esperi, esperei. Esperei por se volvían. Pero non volveron. Non me movín durante varias lúas. Pasei fame, frío, e dor de corazón . Cando decidín moverme, achegueime a un camiño, pero as patas xa non tiñan forza. Do resto xa non me lembro. Só recordo unhas voces e que me espertei aquí.

Pensade en min. E pensade no meu rabo , que xa non sei nin como é.

Asinado coa pata: Medos

proximamente o segundo capitulo "Unha nova compañeira, un novo abandono"


Por Vir e os alumnos do IES de Ames

4 comentarios:

vir dijo...

graciñas!!!!!!!!!!!! graciñas por deixarnos un oco para as nosas historias!!!

un bico.vir. (e unha lambetada de Poldro)

Miguel Muñiz dijo...

graciñas a vos Vir, unha aperta moi grande


miguel

Eva dijo...

Cómo me gustaría adoptar algún día a Medos...

vir dijo...

a verdade medos se merece que o queiran, leva moito tempo esperando.

un biquiño. vir.