Hola volunatari@s:
Fai tempo que non facemos ningunha saída cos nosos canciños,aproveitando o bó tempo e que é ano Xacobeo, surxiu a idea por parte de algunhas voluntarias de baixar algúns residentes de Bando facendo un "minicamiño" ata a Catedral.
Gustaríanos facer unha xuntanza para falar do tema e propor máis iniciativas para fomentar adopcións, conseguir diñeiro, dar a coñecer o Refuxio e pasar un bó día cos nosos pequechos.
O vindeiro sábado día 24 de abril reunirémonos ás 21:30 no refuxio para acordar a data, disponibilidade e matizá-la idea entre tod@s.
O vindeiro sábado día 24 de abril reunirémonos ás 21:30 no refuxio para acordar a data, disponibilidade e matizá-la idea entre tod@s.
As persoas que non poidan acudir este día facédenolo saber por favor, para así contar con vós e resumirvos os acordos ós que cheguemos.
Reenviade este correo a compañeir@s /voluntarios que por erro , poidan non estar na lista de envíos.
Gracias a todos por colaborar.Entre todos facemos "O camiño".
Proposta feita por varias voluntarias responsables.
1 comentario:
eu, se poñedes o día aquí, vou ata o obradoiro.
somos 3.
Publicar un comentario