Estimados amigo:
Acaba de poñerse en contacto conmigo unha veciña que xa ten dous cans e atoparon este fermoso cachorro de 6 meses estes días, leváronno ao veterinario onde foi des-parasitado e comprobadas enfermidades infecciosas das cales está libre(veterinaria SAUDEVET en Bertamiráns)
Foi atopado no monte de San Marcos na Ameixenda, Ames(lindante con Santiago);cruzáronse con varios cazadores pero ninguén sabía nada nin quixeron facerse cargo de el,as persoas que o atoparon están moi convencidas de que foi abandonado, ten bastantes feridas, está moi flaco e estaba deshidratado, deducen que levaba como mínimo días nese lugar.
O can é un amor, coñecino hai un anaco, creo que "daría ben á xente", aínda que non me pareceu moi dominante, enseguida puxo o ventre case cara arriba e lambeume aos segundos de coñecerme, iso si á miña cadela avisouna ladrando pero xa empezaban a facer boas migas aos minutos, supoño que aínda ten medo, a saber...
NECESITA UN FOGAR
A ver se entre todos lle buscamos unha familia, de momento estas veciñas salváronlle a vida e miran del, come ben e durme ao abrigo, pero como dixen, xa teñen outros dous cans e non poden facerse cargo deste, a min pásame igual que polo que me gustou ben que o aceptaba....
Se non se lle atopa unha familia terán que levalo ao refuxio de Bando, que aínda que sabemos todos que serás moi ben tratado alí tamén entendemos que está desbordado.
Outra nova triste é que por onde atoparon a este tamén había outro can velliño, pero por este non puideron facer máis nada xa que non se achegaba á xente e iso que voleveron ao monte a levarlle comida...
PD Non fai moito que vos falei dun cocker negro, está adoptado pola familia que o atopou :)
Espero non molestarvos e gracias anticipadamente pola vosa axuda.
Eva
CONTACTO: evapato2000@yahoo.es
3 comentarios:
Yo tb encontré una cachorrita de caza el sábado en Vilagarcía, en los huesos, muerta de hambre. Ahora está en la protectora.
Este can foi adoptado felizmente!
Gracias a todos.
Eva P.
festa!!!!!! festa!!!!
Publicar un comentario