viernes, 19 de marzo de 2010

As bágoas do ceo.Madonna

Pin ...pin ...comecei a oír entre soños. Pin ...pin... vaia,chove!
Espreguiceime. E, sen pensalo moito saquei o naris polo buraco da porta, e pin!!! Unha pingota no medio e medio do naris. Medio susto, medio risa.
Pasei o que quedaba de noite co naris no buraco. Uliscando a choiva, uliscando a herba, e o millo , e os toxos.Oíndo as bágoas do ceo, oíndo o meu respirar, oíndo os silencio da noite.
Entre soños atopeime ó carón da lareira onde ue me criei.Nacín entre pallas, e fun medrando entre neneos, e nenas, e vellos con chapeu, e vellas con pano.
Nesta parte da miña vida lembro o lume da lareira, o calor, o arrecendo do caldo do pote, e dos chorizos, os chíos dos nenos e das nenas, e dos carros das vacas, as pedras dasa casas, dos valos, e do chan das casas, e do chan dos camiños.
E lembro a man da vella da casa, no meu lombo. Era cega, sempre sentada preto lo lume, de vestir escuro, pelos sen color, pero chea de amor.Nunca se me esquece o día que marchou.Só sei que quedou a durmir e oín chorar, e oín as bágoas do ceo.

Por "Vir" e a clase de 1º eso

4 comentarios:

Ollo ó can! dijo...

que bonito Vir, os meus parabens para ti e para os nenos de 1º...máis historias porfi...

vir dijo...

claro que sí.

e graciñas a vós.

os rapaces e rapazas son os protagonistas, e iso fai que se impliquen e se conciencien.

logo xa poremos a exposición no IES, ecoas fotos que fagamos madámolas para que as poñades.

na pax do ies puxemos esta pax, en cíclope, e na entrada está exposta a noticia, con esta pax.

logo a cada rapaz e rapaza lle paso esta pax, ealgunhas máis.

-----

neste centrotamén están facendo un gran labor e un traballo con MSF, econ Haití

e un musical

etc, etc, etc

---

graciñas a vós por deixarnos un espacio TAN GRANDE para as nosas historias

Esther dijo...

Fermoso. INMENSAMENTE FERMOSO. Madona merecía haber vivido esa historia.

vir dijo...

hoxe a 17 abril 2011
vaia, teño que dar unha pequena explicación. estas historias, sobre medos, forellas, ... fíxenas cos meus alumnos e alumnas do ies de ames, pero xa despois de tanto tempo cando me preguntan por madonna, que estaba con paloma, descubrín que metín tremendamente a pata. ó lela, pensaron que morrera. poño agora unha mensaxe en ollo e un aviso. sinto tanta confusión, e sinto o susto que lle metía ós voluntarios/as etc etc que a coñecían. madonna segue vivae está ben.