É moi urxente atoparlles un fogar a estes dous irmáns. Levan xa meses nunha estupenda casa de acollida, pero agora teñen que voltar á cruda realidade dunha canceira. Teñen sobre dez meses, son moi bos tanto coa xente, coma con outros cans e gatos, actualmente conviven con cinco cans máis e tres gatos, algúns dos outros cans son moi velliños, pero eles saben con quen poden xogar e con quen teñen que ser más coidadosos, lévanse moi ben con todos, ata xogan cos gatos e durmen con eles, Maya, unha pastora adóraos, e sempre busca estar preto deles.
Zape é o máis alto e escuro parece un galgo, é moi xoguetón, non para quieto, aprendeu a saltar a verxa, así que só pode saír cando hai xente no xardín.
Zipi, más pequeño e algo máis claro, é máis tranquilote e mimoso, no é tan atrevido coma o seu irmán, pero tamén lle gusta xogar.
Son moi obedientes, sempre atenden a chamada, non paran de xogar, (o normal, aínda son cachorros..), ogallá entre todos lles atopemos un fogar estupendo.
jueves, 20 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Como supongo que aquí lo importante es el bienestar de los animales, a ver si podéis escribir en castellano, que no hay dios que entienda nada.
MANDA UN CORREO A LA DIRECCIÓN QUE APARECE EN LA IZQUIERDA, Y SEGURO ESTÁN CONTENTOS DE AYUDARTE. PERO AQUÍ CADA UNO OPINA, INTENTA AYUDAR, O CUALQUIER COSA, NO TE ENFADES PORQUE UNA PERSONA ELIJA UN IDIOMA U OTRO. ESTÁ BIEN QUE LO DIGAS. CON LO CUAL TIENES AÍ LA DIRECCIÓN DE CORREO. y sigue leyendo ahora.
se eres de aquí seguro que entendes, se eres de fóra, mánda un correo á dirección que aparece á esquerda, e eles seguro que estarán encantados de contestar.
espero que sexa porque che interesa algún can. eu non teño problema en indicarche algún, pero non dispoño desa información.
agora non te cabrees por iso, porque suponse que cada persoa pode elixir o idioma que quere empregar. e os animais non entenden de idiomas. co cal eu non vou deixar de falar ou escribir no idioma que me gusta. sen malos rollos...
nin tampouco pido que me fales ti en galego.
e moita sorte pa estes dous... SOOOOORTE. (E PAOS DEMAIS TAMÉN)
joder vir deberían nombrarte embajadora de la ONU, mucho tengo yo que aprender de ti
bicos
ola miguel!!! que alegría saber de ti!!!!!!!
unha frase: "é agradable ser importante, pero máis importante é ser agradable", olliño, non é miña, pero son frases que van marcando...
e esta páxina, unha das cousas que ten, é o bonita e respetuosa con todos/as que queren escribir. e digo unha das cousas, porque ten "infinitas" cousas boas (jo, deixa que me ría, é que son de mates, e me encanta usar certas palabras)
da ONU non, eu son máis autóctona... son daquí, como se soe dicir "mala raza", ji, ji, ji. pero dicir que me encantan os idiomas, e cantos máis mellor, aínda que eu falo en galego, me defendo medianamente en castelán, en francén e en portugués, e de inglés nin papa, me gustaría que non fose un impedimento na miña vida, co cal, por iso non hai excusas para o galego. eu uso o que eu quero, ti o que ti queres, e se nos entendemos, porqué entrar nalgo como discutir por un idioma!!! os idiomas, CANTOS MÁIS MELLOR!!! e todos teñen o mesmo valor, o valor de podermos falalos.
por certo, e perdoa que me lance con tantas palabras... esta páxina é bonita, bonita... e me encanta botarlle unha ollada de cando en vez e ver os comentarios, os teus, de eva, etc, e máis aínda, os comentarios doutra xente que se anima a escribir.
ANIMO, PA DIANTE, QUE PATRÁS NON FAI FALLA QUE NOS BOTEN, QUE XA IMOS NÓS... e vou falar eu, que sempre tan optimista e alegre, e logo, sempre triste polos animais. doe, doe moito ver o que lles pasa; doe moito ver como non se lles quere dar o dereito a vivir, a ser queridos, que ben de certo lles pertence, e o ser humano se empeña en quitarlles...
e sigo dicindo, SOOOORTE!!!!!!!
un bico. vir.
Vaya, yo que pensaba que el gallego se entendía bien. No te enfades, anónimo, si te interesan Zipi y Zape cualquiera de nosotros puede traducirte lo que se dice sobre ellos. Lo importante, como dices, es encontrarles hogar.
ola eva!!! só teño un minuto. quería saudarche.
e volvo a dicir, SOOORTE pa zipi e zape. e que tal zar???
bicos. vir.
que tal lles vai!!???? tiveron sorte!!???? espero que apareza pronto un "ADOPTADOS" ó lado dos seus nomes.
SOOOOORTE!!!!!!!
bicos. vir.
e zar!!?????
vir
PD: en canto estea algo mellor, tiña ganas de ir ata o refuxio, pasea-los cans. espero non tarde moito. pero iso non depende de min.
Publicar un comentario