lunes, 10 de diciembre de 2012

Uli, un dos casos urxentes do Refuxio de Bando




Outro dos avós de Bando, Uli é un canciño con moi bo carácter, tanto con outros cans como coa xente. Encántalle estar coa xente e que lle rasquen a barriga. Leva máis dun ano agardando que alguén se fixe nel pero de momento non tivo sorte. Agora ten infección nun oído e para poder recuperarse estaría moito mellor nunha casa, aínda que sexa de acollida. Ademais, o inverno está sento espcialmente duro para el, pasa o día deitadiño no seu canil, e só se ve feliz cando está con xente.
Atópase no Refuxio de Bando (Santiago de Compostela), e entrégase con contrato de adopción, vacinado, desparasitado, esterilizado e con chip.


Contacto: voluntariado.bando@gmail.com
 
Olalla

No hay comentarios: