Outro
ano máis, coincidindo coas festas de Nadal, o Refuxio de Bando realiza o
seu Mercadillo Solidario co fin de recadar fondos para os seus animais.
Todo aquel que teña na casa cousas que xa non usa pero que estean en boas condicións, pode colaborar doando todo iso para que o poidamos vender nos Mercadillos que se realizarán os tres últimos sábados de decembro (15, 22 e 29) na antiga Oficina de Turismo da Praza de Galicia (Santiago de Compostela), en horario de 11:00 da mañá a 20:00 da tarde, en horario ininterrumpido.
Calquera aportación será ben recibida: aneis, libros, teléfonos, xoguetes, cousas das vosas mascotas que xa non usen, cousas da casa… Tamén serven cousas que vos animedes a facer, como broches, xoias, bufandas… E se non podedes aportar material, tamén podedes axudarnos difundindo o evento entre os vosos contactos ou pasando pola Praza de Galicia para facernos unha visita. Eses días contaremos, coma sempre, coa presenza de amigos de catro patas, tanto cans como gatos, dispostos e listos para ser adoptados e marchar para as vosas casas.
As cousas poden deixarse no Refuxio ou poñéndose en contacto con algún voluntario a través deste evento.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Refuxio de Bando
Horario: Luns, mércores e venres de 09:30 a 14:00.
Sábado e domingo de 10:30 a 13:30
Martes e xoves: Pechado
Festivos: Pechado
Todas as tardes: Pechado
Teléfono: 981 57 59 57 / 646 49 28 35
refuxio@refuxio.org
www.refuxio.org
Olalla

No hay comentarios:
Publicar un comentario