sábado, 16 de abril de 2011

O ANTES E O DESPOIS DALGÚNS CANS DO REFUXIO: KOKO, PÓKER, NOTA

por Estela Solar Carballada o Sábado, 16 de Abril de 2011

Pouca xente comprende a alegría que nos da ver a a aqueles canciños e canciñas do Refuxio, xa nunha casa e cunha familia. Encántanos ler os vosos e-mails falando ao respecto deles, e ver os cambios, moitas veces espectaculares, producidos neles. E xa que dalgún modo foron parte da nosa vida na súa estancia no refuxio, resulta moi gratificante velos FORA del, por fin coa pelaxe brillante, e coa súa alegre mirada dirixida a aqueles que agora coidan deles e lles dan todos eses mimos que tanto lle faltaron nun pasado.

Así foi que hoxe, fixemos unha pequena recompilación. Tres casos moi particulares e que dalgunha maneira deixaron PEGADA en todos nós. Desgraciadamente (ou por fortuna, ás veces nunca se sabe) non serán os últimos, pero polo menos nós poderemos dicir que todos os nosos esforzos por eles, non foron en van, e quen sabe, poida que tamén deixáramos neles, un pedaciño da nosa alma. Recordalos, e pensar neles e no ben que están agora, é tamén moi importante, despois de todo axúdanos a seguir loitando por esa segunda oportunidade que todos eles se merecen.

- - - - - - - - - -

1. KOKO

Setembro 2010

Koko foi un caso moi especial para todos nós. Él non era un animal con sorte, senón que mais ben parecía invisible a ollos dos demais. Poida que fora pola extrema delgadeza coa que chegou ao Refuxio, superada con creces non obstante pola súa necesidade de mostrar afecto. Estivo en acollida un tempo, para que engordara un pouco, e vaia se o fixo...

Outubro - novembro 2010

Parecía un can NOVO. Poida que o seu maior problema entonces para encontrar familia, fora a súa ansiedade por separación. Ou quizais os problemas que tiñan con el os gatos. E aínda así o adoptaron. E ó pouco tivérono que levar de volta ao Refuxio. E despois estivo outra tempada en acollida, e, despois de moitos dores de cabeza e algún que outro medicamento para tratar a súa ansiedade, e a de todos os que con el convivían, Koko sofreu un cambio. Un cambio que lle permitiu, por fin, atopar a súa derradeira familia. Agora Chámase USUL, e ten moitos amigos novos.

Febrero 2011

Abril 2011

2. PÓKER

Houbo unha vez un rapaz que chamou para recoller un pitbull, e disto fai más ben pouco... mais o lacero recolleuno en outro punto. Curioso non o atopara onde lle dixeron, senón máis lonxe. E levaba Arnés. E subiuse á furgoneta meneando o rabo. O arnés non tiña dato algún do seu dono, e tampouco se lle atopou microchip. Así foi coma PÓKER, coa a súa alma de bo cachorro, rematou no Refuxio, converténdose no TEMIBLE PÓKER. Non porque fora perigoso, senón porque de tanto xogar, agotaba aínda ao voluntario máis extravertido de todos! Mais aínda así era A ALMA DO REFUXIO! Tan alegre coma era... tan activo e tan xoguetón...

Atopou unha familia, aínda que non na cidade onde o deixaron tirado. Tivo pois un novo comezo, e polo que contan os seus novos donos están encantados con el.

3. NOTA

A historia de Nota é tamén moi sobrecolledora. Non chegou a estar no refuxio porque, podemos dicir tivo moita, moita sorte.

A súa dona púxose en contacto con nós coma se fósemos a súa ultima esperanza. Esperaba que lle puideramos axudar a difundir a súa cadeliña NOTA, que levaba con ela dende os 2 meses e por problemas de saúde non podía seguir tendo. Levaba tempo buscándolle unha familia, mais non tivo ningunha sorte... ata que a súa sorte chegou. Difundindo o seu caso, unha amiga das voluntarias namorouse dela. Ela tiña xa un can, pero quería que tivera unha compañeira, eso sí, esterilizada. Grande exemplo de responsabilidade na tenencia de animais que dende aquí lle agradecemos.

nota o día da esterilización e cambio de dono (xa tiña chip)

faltan as fotos do postoperatorio, da despedida da antiga dona, e do recibimento da nova


Despois de esterilizala e pasado o post-operatorio, NOTA, agora TROYA, está xa na súa casa, e polo que podemos ver, é moi feliz. O seu compañeiro BACO, segundo palabras da súa nova dona... ¡deféndea a morte! Poida que iso sexa ó que se lle chama "Amor a primeira vista".

- - - - - - - - - -

Se adoptaches algún animal en BANDO, animámoste dende aquí a que lles fagas unha fotografía e a envíes, xunto co que nos queiras contar deles (¡Toda información é benvida! Dende o cariño que lle tendes, ao cariño que vos da, ¡ou como se comporta en xeral! ) á nosa dirección de correo electrónico: ollooscans@gmail.com

Dende aquí, e para todos os que nos dades estas alegrías, adoptando animais, enviándonos fotos...

¡¡MOITÍSIMAS GRACIAS!!

5 comentarios:

Eva dijo...

Ah, Usul, llegaste a nuestras vidas en un mal momento, nos precipitamos, pero afortunadamente nos detuvimos en seco, recapitamos mucho y nos dimos cuenta de cuál era nuestra responsabilidad contigo y de cuáles eran tus necesidades específicas, y ahora tienes el hogar que mereces, aunque Morgana siga lanzándote manotazos de vez en cuando :)

elena dijo...

koko¡¡¡ como me alegro¡¡¡ fuí su madrina en el refugio y siempre que voy pregunto por él; por las fotos veo que está guapísimo y feliz; gracias eva por darle la oportunidad de tener una familia.

vir dijo...

ola, pois si, está xenial.

estaba moi mal. jacobo buscoulle unha casa, alí estaba moi nervioso. eva o acolleu e finalmente o adoptou.

moitos se adaptan, outros non...

agora OVIN quedou sen pelo, ten gangrenado un anaco de rabo. nunha pata vendaxes, e infección. puxen unha entrada del.

BARBAS empeza agora, rapámolo, bañámolo, ...

están a tratamento.

POLONIO chegou atropelado, agora xa salta e corre. anda mal, coa cadeira algo ladeada, pero anda e se defende ben.

outros dous, que non lles sei o nome chegaron sen un pelo, un deles recuperou case todo, o outrosegue cunha especie de PEL enrugada nas patas e lados.

RÍA a recolleron tirada no río, coa cara hinchada, agora está perfecta

FIBELO chegou cunha ferida no cuello, conalgo parecido a un gancho, debeu escapar.

hoxe chegou un can cos dentes de arriba rotos!!!! moitas feridas, a pel xa como se fose unha tartaruga, as orellas mordidas e xa curadas, moi maior, espero vaia adiante e cando o revisen non o vexan tan mal coma se ve a primeira vista, fatal!!!!

UNHA BOXER chegou esquelética, comía e bebía ben, pero tiña tocado o fígado, riles, e as patas completamente cheas de pus. non sobreviviu.

LUMBO estivo xa hai tempo nos paseos sen dar "cagado", se abaixaba, e nada, chorei... pero despois dunhas semanas, ben, ten un bulto enorme no recto. está de acollida na casa de paz, unha chica que se ofreceu. se hai sorte pasará os últimos días, ou anos, na calor dun fogar.

MEDOS segue igual, mellor de pelo, pero a penas se achega, penso, que despois de 5 anos, porfín, irá de acollida.

e podería seguir tempo.

subo os luns, con forza, e miro para eles con cariño, os peino, paseo, baño, acariño... o que sexa, e vin canciños/as con diarreas horribles que non lle remiten, cans con problemas de pel que da impresión que non recuperan, e están aí, chegan cans atropelados, que choran de dor, que se recuperan, pero outros moitos non. algúns van morrendo lentamente. outros ves a morte nos seus ollos. se me parte a alma, pero antes de que estean sufrindo, de ver como se apagan, de ver como pasan dor, eu prefiro, ((e xa como opinión miña)), prefiro axudarlles neses días, e que lles eviten a dor.

dende que subo, vin moitos chegar mal, uns mellorar, outros empeorar co frío e coa humidade.

e agora, sigo pensando o mesmo, subo porque sí. porque para min son parte da miña vida. porque me dan moito máis do que lles dou eu. porque vexo como ó sacalos de paseo moven o rabo. como buscan cariño. como corren e xogan.

e espero respecto por parte vosa, e porque non todos pensamos igual. co cal, eu sigo subindo. eu sigo porque me importan. e poida quen pense e diga que se me importasen non debería subir. cada quen que pense o que queira...

Unknown dijo...

Muy bien dicho, vir. Sabes que yo pienso exactamente lo mismo que tú. El Refugio no es una simple residencia. La gran parte de los perros, llegan MAL. MUY MAL. Algunos con heridas físicas, o enfermedades, algunas incurables. Desnutridos, o con las patas rotas. Afortunadamente gracias a los que allí trabajan, muchos siguen adelante, y es maravilloso verlos recuperados. Qué poco esperaba yo del pobre POLONIO, cuando llegó estaba FATAL... y luego de unos meses de curas, ya anda y corre más que todos nosotros. Otros no tienen la misma suerte, y son muchos los que llegan en condiciones incurables, pero hay que pensar en positivo, y espero que esta entrada refleje un poco todo eso.

Sin duda, gracias por darle una nueva oportunidad a USUL, Eva. Gracias Elena, por comentar. Es genial ver comentarios cuando entramos aquí.

vir dijo...

ola, teño que dicirvos que o can que subiu o outro día, do cal aínda non sei o nome... xa move o rabo, ten algo de medo, pero seguro que levaba tanto abandonado, que agora ve que ten comida, auga, que osacan de paeo, que o miman, que xa move o rabo, algo desconfiado, si, pero leva 4 días!!! agora xa non ten que durmir á chuvia, ó frío, ( a ver alí pasan frío, seino), escapando da xente ou procurando comida, ou cruzando a carretera (e iso seino porque o vin) a ver se consigo o nome.

e ademais: MEDOS está de acollida!!!!!! leva no refuxio anos, chegou atropelado, leva tempo sendo un can deses que ninguén se fixa nel, pouco sociable, eu conseguín despois de varios meses que pasase a menos dun metro de min sen escapar e sen medo, e mesmo me deixou acariñalo uns segundos. escribín, eu e cos alumnos/as de ames historias sobre el. e Ester cando se entere, seguro que moitos tamén, vai saltar de alegría. a acollida é para socializarse. se dedal, e lumbo, e madonna... puideron, porqué medoa non?? sorte medos!!! aguanta peludín!!!