miércoles, 8 de febrero de 2012

ADOPTADO!!! Skofi, en adopción no Refuxio de Bando


Skofi é un mestizo de podenco de aproximadamente dous anos de idade. Atopado na aldea de Piñor en Figueiras no mes de novembro de 2010, converteuse en todo un reto para o laceiro que intentaba collelo. Chegou ao Refuxio con moito medo e custoulle bastante adaptarse pero agora é un can moi sociable, tranquilo, obediente e sobre todo moi intelixente. Pasea perfectamente con correa e ten un andar moi elegante.




Se te animas a darlle unha oportunidade a Skofi non dubides en poñerte en contacto co Refuxio de Bando.

Olalla

No hay comentarios: