jueves, 9 de febrero de 2012

Pancho precisa a nosa axuda


Pancho é un siamés macho de oito anos de idade. Viviu toda a súa vida cunha familia, pero por razóns de saúde xa non poderán seguir facéndose cargo del.
É moi cariñoso e está acostumado a vivir nunha casa, rodeado de nenos. Ten moi bo carácter e é moi dócil. Está esterilizado e coas vacinas ao día.
A súa antiga familia está buscando alguén que o queira e lle dea o mesmo cariño que lle estiveron dando eles ata agora.
Se alguén está interesado en adoptar ou acoller a Pancho, que se poña en contacto con nós a través do seguinte enderezo: olallagarciamartinez@hotmail.com

No hay comentarios: